Servizo de prevención e análise de riscos

Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:

  • A elaboración de plans de protección civil de competencia da comunidade autónoma, a súa implementación e mantemento, así como a dos correspondentes ás campañas estacionais de prevención e xestión de riscos, particularmente a elaboración de previsións e alertas para os servizos de emerxencia de poboación en xeral derivados dos avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos e outros riscos.
  • A elaboración de informes técnicos de avaliación de plans de protección civil e de emerxencia para a súa aprobación e homologación, cando corresponda, polo órgano competente.
  • A preparación e execución dos exercicios e simulacros no marco dos citados plans autonómicos, colaborando cos de carácter local.
  • A promoción de estudos e análise do inventario e mapa de riscos e do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como elaboración e actualización dos manuais operativos e de intervención.
  • A colaboración coas entidades locais na elaboración dos plans básicos e sectoriais de emerxencia municipal.