Servizo de Protección Civil

Este servizo desempeñará, entre outras, as seguintes funcións:

  • A promoción das asociacións e agrupacións de voluntarios/as de protección civil e a proposición e xestión da concesión de axudas e subvencións en materia de protección civil e emerxencias.
  • O fomento da autoprotección cidadá e corporativa, a través da programación de campañas divulgativas.
  • O control e xestión dos rexistros relacionados coas agrupacións, asociacións e entidades colaboradoras de protección civil regulamentariamente establecidos.
  • A elaboración de programas e propostas de formación e perfeccionamento do persoal de protección civil e emerxencias, en colaboración co órgano que teña atribuída a xestión e o desenvolvemento desta formación.