Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Toponimia oficial

Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia

A toponimia das provincias, parroquias, concellos e lugares de Galicia, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia, pode consultarse a través do servizo de consulta do Nomenclátor de Galicia mediante unha busca guiada ou unha busca directa.

No Nomenclátor figuran os nomes oficiais das entidades de poboación. Para a recollida, normativización e dixitalización de toda a microtoponimia de Galicia iniciouse o Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), que no seu buscador ofrece resultados parciais sobre os nomes de entidades humanas, terras, augas, vías e accidentes xeográficos.