Urxentes ocupacións

Atribuída a competencia á Comunidade Autónoma para a declaración de urxente ocupación dos bens afectados por expropiacións forzosas en expedientes instruídos polas Corporacións Locais, a tenor do previsto no apartado B) 4.3 anexo I ao Real Decreto 3037/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de Administración Local, resulta oportuno concretar a documentación a achegar polas Corporacións Locais que se pretendan acoller aos beneficios da urxente ocupación, en interpretación conxunta da lexislación vixente, co fin de acadar a maior uniformidade de actuacións e de imprimir a máxima celeridade na resolución, salvagardando á vez os dereitos da cidadanía neste procedemento excepcional.

Na súa virtude, en exercicio das facultades conferidas polas Disposicións Derradeiras Primeira e Segunda do Decreto 138/1982, do 1 de decembro, (DOG do día 11) sobre asunción de transferencias en materia de Administración Local, posto en relación coa reestruturación iniciada polo Decreto 124/1983, do 15 de setembro, e disposicións posteriores pertinentes, esta Consellería dispón que as Corporacións Locais que se pretendan acoller aos beneficios de urxentes ocupacións de bens afectados por expropiacións forzosas, en expedientes instruídos polas mesmas, remitirán á Dirección Xeral de Administración Local a documentación descrita no procedemento.

Documentos relacionados

  • Orde do 7 de Decembro de 1983, sobre urxente ocupación de bens en expropiacións das corporacións locais
  • Datos e procedemento a seguir