Estás en: Menú / Áreas temáticas / Seguridade

Competencias e funcións

A Lei Orgánica 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade dispón o marco competencial que lle corresponde ás Comunidades Autónomas respecto das súas Policías.

No seu artigo 38, recolle que as Comunidades Autónomas en cuxos Estatutos estea previsto crear Corpos de Policía para o exercicio de funcións de vixilancia e protección ás que se refire o artigo 148.1.22ª da Constitución e ás demais que lle atribúe a presente lei, poderán exercer con carácter de propias as seguintes funcións:

  • Velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares ditadas polos órganos da Comunidade Autónoma.
  • A vixilancia e protección de persoas, órganos, edificios, establecementos e dependencias da Comunidade Autónoma e dos seus entes instrumentais, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos usuarios dos seus servizos.
  • A inspección das actividades sometidas á ordenación ou disciplina da Comunidade Autónoma, denunciando toda actividade ilícita.
  • O uso da coacción en orde á execución forzosa dos actos ou disposicións da propia Comunidade Autónoma.


As devanditas funcións recóllense expresamente no Acordo Administrativo de Colaboración entre o Ministerio do Interior, do 22 de outubro de 1990, e nos subseguintes acordos sobre novas prórrogas, así como na Orde do Ministerio do Interior, do 19 xuño de 1991.

A UPA crece na prestación dos seus servizos de xeito paralelo ás novas competencias asumidas polo Goberno galego, circunstancia que determina tanto o incremento dos seus recursos humanos e materiais, como no maior despregamento no territorio da nosa Comunidade Autónoma.

Dende esta óptica de crecemento da UPA, e conforme a experiencia acumulada, pódense agrupar as súas actuacións en cinco ámbitos de actividade:

  • Seguridade estática
  • Protección
  • Investigación
  • Xestión técnica e de persoal
  • Policía comunitaria

 

Sedes da UPA central, provinciais e locais

Xefatura Enderezo Teléfono
SANTIAGORúa Roma 25 - 27
15703- Santiago de Compostela
981 546 474
A CORUÑARonda de Nelle, 24
15005- A Coruña
981 153 410
LUGORonda Fingoi esq. Avda. Madrid
27001- Lugo
982 252 611
OURENSERúa Clara Campoamor, 9-17, baixo
32002-Ourense
988 241 200
PONTEVEDRARúa San José 4-6
36001- Pontevedra
986 843 432
VIGORúa Pateira 7
36214- Vigo
986 266 158