Estás en: Menú / Áreas temáticas / Formación a profesionais

Formación policial

A pertenza á Unidade como policía vén determinada polos seguintes condicionantes:

  • Ser membro en activo do Corpo Nacional de Policía, de calquera categoría.
  • Participar e obter praza nos concursos (específicos de mérito) que convoca unha Comisión Mixta (Ministerio do Interior-Xunta de Galicia), de conformidade co Real Decreto 997/89, de 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Provisión de Postos de Traballo da DGP. Este, prevé que o proceso selectivo se vincule a un baremo profesional e á realización dunha entrevista na que se valora o arraigo e a vinculación coa Comunidade Autónoma, o coñecemento do idioma e das Institucións, etc.
  • Tomar parte e superar o curso obrigatorio de cara á adquisición de coñecementos específicos sobre as misións que van desempeñar (Real Decreto 221/91, de 22 de febreiro) que se imparte na Academia Galega de Seguridade Pública- AGASP na Estrada (Pontevedra).

A función de formación inicial, permanente, ou continuada, é impulsada pola Dirección Xeral de Interior e asumida pola Academia Galega de Seguridade Pública- AGASP coa realización de cursos, xornadas o conferencias, de carácter xeral ou dirixidos especificamente aos funcionarios do Corpo Nacional de Policía adscritos, sen prexuízo da participación noutros cursos obrigatorios ou discrecionais convocados pola División de Formación da DGP (Real Decreto 1.593/88, de 16 de decembro polo que se aproba o Regulamento do ingreso, formación, promoción e perfeccionamento dos funcionarios do CNP).