A celebración do xuízo

No xuízo, o Tribunal do Xurado escoitará a declaración da persoa acusada e presenciará a práctica das probas contrarias e favorables á mesma (basicamente declaracións de testemuñas e informes periciais).

Se durante o xuízo vostede considera conveniente que se lle faga algunha pregunta concreta á persoa acusada, testemuña ou perito para aclarar os feitos, poderá poñer por escrito a pregunta e pedir que lle sexa entregada á persoa que actúa como maxistrado-presidente. Esta, despois de ler a pregunta en persoa, poderá dar lectura á mesma para que sexa contestada, se a estima pertinente.