Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta colabora un ano máis na formación continua e especializada dos fiscais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou esta mañá na inauguración da Escola de verán do Ministerio Fiscal, no Pazo de Mariñán

O Goberno galego asinou o convenio de colaboración coa Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudios Xurídicos para a posta en marcha da Escola

Esta XIX edición está enfocada ao estudo da Lei integral 1/2004 do Pacto de Estado: Avances na loita contra a violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller
 

Bergondo (A Coruña), 12 de xuño de 2019.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou esta mañá na inauguración da Escola de verán do Ministerio Fiscal, no Pazo de Mariñán, que reúne estes días a fiscais de toda España. Nesta XIX edición está enfocada ao estudo da Lei integral 1/2004 do Pacto de Estado: Avances na loita contra a violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller

Juan José Martín indicou que con este, son xa 19 os anos que Xunta, Deputación provincial da Coruña, Centro de Estudos Xurídicos, Fiscalía Xeral do Estado e Centro de Estudos Xurídicos (Ministerio de Xustiza) colaboran nesta iniciativa formativa para que, a través da posta en común de medios, esforzos e iniciativas, o Pazo de Mariñán, -sede permanente da Escola de Verán do Ministerio Fiscal-, abra as súas portas unha vez máis para acoller estas xornadas.

O director xeral de Xustiza destacou a relevancia da formación e actualización continua entre o persoal que traballa na Fiscalía, unha institución en evolución constante e que ten que adaptarse a distintas reformas lexislativas como nesta edición co estudo dos avances e retos que plantexa a loita contra a Violencia de Xénero.