Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A delegada territorial da Xunta en Ourense asiste ao acto da entrega da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo a Luis Rodríguez Míguez

Ourense, 13 de xuño de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe ao acto de entrega da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo a Luís Rodríguez Míguez, considerado o pai do termalismo ourensán, que foi recollida pola súa viúva, Mariluz Villar.

Luis Rodríguez foi un médico e investigador, nado en Santiago, que desenvolveu toda a súa actividade profesional na provincia de Ourense. A Deputación ourensá coa concesión desta distinción quere pór en valor as importantes achegas de Rodríguez Míguez na investigación e promoción do termalismo contemporáneo, como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico.