Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta realiza unha visita institucional ao concello ourensán de Toén

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, realizou hoxe unha visita a Toén, concello no que a Dirección Xeral de Administración Local investiu cerca de 320.000€ dende 2009, co obxecto de acondicionar edificios públicos, levar a cabo proxectos de mellora da eficiencia enerxética ou execucións de parques infantís, entre outros.

Na súa visita, a directora xeral puido comprobar de primeira man as obras de rehabilitación da rúa principal da parroquia de San Martiño de Alongos, no concello de Toén. Esta actuación, cun importe de cerca de 30.000€ concedido pola Vicepresidencia da Xunta, ten como obxectivo frear a despoboamento, creando infraestruturas e servicios, e promover o desenvolvemento do núcleo rural, fomentando a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico galego.