Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Marisol Díaz Mouteira recibe ao delegado de Naturgy na provincia de Ourense

Ourense, 2 de decembro de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá ao delegado de Naturgy na provincia ourensá, Emilio Castro Brito. Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que o Goberno autónomo e a compañía eléctrica están implicadas e analizaron liñas de cooperación para garantir a subministración eléctrica a tódolos ourensáns.