Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A directora xeral de Administración Local reúnese co alcalde da Peroxa

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, para tratar temas de interese para o concello e avaliar as vías de colaboración abertas por parte da Xunta.