Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta colabora co concello de Noia para a adquisición dun vehículo para tarefas medioambientais

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta tarde o concello de Noia, acompañada polo seu alcalde, Santiago Freire

Noia (A Coruña), 3 de decembro de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta tarde o concello de Noia, acompañada polo seu alcalde, Santiago Freire, onde fixo entrega dun vehículo híbrido destinado a tarefas medioambientais, que contou cun orzamento que supera os 37.000 euros, dos que o Goberno galego aportou o 73 % do custe total.

En total, nos últimos anos, este concello coruñés tense beneficiado de preto de 294.000 euros a través de varias ordes da Vicepresidencia.

Na convocatoria de axudas da Vicepresidencia para este ano, o concello de Noia foi beneficiado con preto de 28.000 euros foron para a dotación de iluminación e mobiliario edificio do concello de Noia, da Orde de Infraestruturas; e de máis de 70.000 euros para a adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets, solicitado de maneira conxunta pola mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, formada por Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son.