Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O vicepresidente da Xunta reúnese co alcalde de Xunqueira de Ambía e coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe reunións de traballo co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, e coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade. Estes encontros inscríbense na rolda de contactos que está mantendo o vicepresidente cos concellos para coñecer de primeira man as súas necesidades e estudar posibles vías de colaboración.