Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Aberto o prazo de inscrición nos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta este verán na provincia da Coruña

Póñense á disposición dos maiores de 18 anos de Galicia un total de 96 prazas na Coruña

As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias
 

A Coruña, 27 de xuño de 2020.- A Xunta de Galicia abriu o prazo para inscribirse nun dos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas na provincia da Coruña. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 96 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da Covid-19 nas comarcas da Coruña, Barbanza, Santiago, Ferrol e Bergantiños-Costa da Morte.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.
 
Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.
Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña.
 
Nova oferta

Destes oito campos de voluntariado, tres deles son novos este ano na provincia da Coruña: A Ciadella, no concello de Sobrado dos Monxes; Encaixe no camiño, en Camariñas; e o campo de voluntariado Amicos, en Boiro.

 
Como solicitar praza

O prazo desta convocatoria abriuse o xoves ás 16:00 h e pecharase tres días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción.

 

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

 
 
 

CAMPOS VOLUNTARIADO CORUÑA

 

·         COMARCA FERROL (12 PRAZAS)

CAMPO DE VOLUNTARIADO "VILARBÓ" (AS PONTES)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 
Ambiental
19-30/07
18-30
12
 
 

·         COMARCA BARBANZA(36 PRAZAS)

CAMPO DE VOLUNTARIADO "LEMBRANDO A NOSA PEGADA" (OUTES)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 
Ambiental e social
02-13/08
18-30
12
 
 

CAMPO DE VOLUNTARIADO "DUNAS DE CORRUBEDO" (RIBEIRA)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 
Ambiental
13-24/08
18-30
12
 
 

CAMPO DE VOLUNTARIADO "AMICOS" (BOIRO)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 
Medioambiental e social
15-26/07
18-30
12
 
 

·         COMARCA A CORUÑA(12 PRAZAS)

CAMPO DE VOLUNTARIADO "A CIADELLA" (SOBRADO DOS MONXES)

MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
Arqueoloxía
19-30/07
18-30
12
 
 
 
 
 

·         COMARCA SANTIAGO DE COMPOSTELA(12 PRAZAS)

CAMPO DE VOLUNTARIADO "CASTRO DE LUPAIRO" (ROIS)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 
Arqueoloxía
31/07-11/08
18-30
12
 
 

·         COMARCA CARBALLO – COSTA DA MORTE(24 PRAZAS)

CAMPO DE VOLUNTARIADO "ALÍ XAZ" (PONTECESO)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 

Mediambiental e etnográfico

27/08-07/09

18-30

12

 
 

CAMPO DE VOLUNTARIADO "ENCAIXE NO CAMIÑO" (CAMARIÑAS)

 
MODALIDADE
DATAS
IDADES
PRAZAS
 

Festival e cultural

20-31/07

18-30

12