Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A delegada territorial da Xunta recibe aos presidentes da Confederación de Empresarios de Pontevedra e AJE Vigo

Vigo, 24 de setembro de 2020.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, e ao presidente de AJE Vigo, Iván Suárez.

Ambas reunións enmárcanse na rolda de contactos iniciada pola representante autonómica tras a súa toma de posesión o pasado luns, e que se estenderán as vindeiras semanas. Fernández-Tapias, quen destacou a boa sintonía con sendas organizacións empresariais, informou que comparte as preocupacións trasladadas polos empresarios, principalmente derivadas dos efectos da covid-19, así como a reivindicación da saída sur do Corredor Atlántico, estratéxica para Vigo.