Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do parque infantil do Souto no concello coruñés de O Pino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

O concello ten recibido axudas da Vicepresidencia nos últimos anos cun importe de máis de 300.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2020.- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras de melloras levada a cabo no parque infantil do Souto,no concello de O Pino, ás que o Goberno galego achega preto de 34.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público.

Segundo indicou a directora xeral, o concello solicitou esta axuda co obxectivo prioritario de continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades. O conxunto de actuacións teñen por obxecto a renovación dun parque infantil de preto de 300 m² moi antigo, con elementos en mal estado e sen a pavimentación de seguridade adecuada. Ademais da instalación de novos equipamento de xogos para os máis pequenos.

Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos. Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

Concretamente, o concello de O Pino nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 300.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial.