Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta executa a 31 de xullo máis do 95% do Plan anual de cooperación para o desenvolvemento

17/08/19 | 11:05  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta executa a 31 de xullo máis do 95% do Plan anual de cooperación para o desenvolvemento

O orzamento destinado á cooperación galega este ano ascende a algo máis de 6,1 millóns de euros, case un 20% máis que en 2018

Investiuse en accións de educación para o desenvolvemento, formación, acción humanitaria e cooperación no exterior nos países prioritarios da cooperación galega como Mozambique, Perú ou os países centroamericanos, así coma nos Campamentos Saharauís

Este ano asináronse por primeira vez convenios específicos para loitar contra a violencia de xénero entre a poboación refuxiada ou desprazada

Alfonso Rueda e Rosa Quintana enxalzan o labor e a entrega de Ignacio Montenegro a través do Club Náutico de San Vicente do Mar

16/08/19 | 20:01  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. do Mar

Alfonso Rueda e Rosa Quintana enxalzan o labor e a entrega de Ignacio Montenegro a través do Club Náutico de San Vicente do Mar

 A Xunta destinou máis de 300.000 euros para diversas actuacións no concello de Portas grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia

16/08/19 | 12:22  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destinou máis de 300.000 euros para diversas actuacións no concello de Portas grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias

Este ano levaranse a cabo melloras nas instalacións da Casa do Concello e no sistema de bombeo en Xagobe-Vilaverde
 

16/08/19 | 10:43  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Vicepresidencia da Xunta achega máis de 100.000 euros para os gastos de funcionamento de 60 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

As axudas permiten facer fronte aos seguros para os voluntarios, a compra de uniformes, de sistemas de comunicación ou de equipamentos de prevención e de protección 

Díaz Mouteira reúnese co novo alcalde de Taboadela e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

14/08/19 | 15:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira reúnese co novo alcalde de Taboadela e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

Este concello ourensán recibiu dos distintos departamentos autonómicos achegas que suman case 700.000 euros durante o período o 2015-2019

A Xunta renova o servizo de xestión de bens decomisados coa Fundación Galega contra o Narcotráfico

14/08/19 | 12:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta renova o servizo de xestión de bens decomisados coa Fundación Galega contra o Narcotráfico

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe a renovación do convenio de colaboración para mellorar a xestión en delitos relacionados co narcotráfico en Galicia

Unha das súas principais vantaxes é o retorno social dos bens incautados, servindo a diversas accións antidroga a través da adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais, municipios e forzas de seguridade

O DOG publica hoxe a concesión das Medallas Emilia Pardo Bazán a Ángeles Carmona, a CLUN e á Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama

13/08/19 | 11:18  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O DOG publica hoxe a concesión das Medallas Emilia Pardo Bazán a Ángeles Carmona, a CLUN e á Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama

É o primeiro ano que se concede este recoñecemento para poñer en valor o traballo de persoas e institucións a favor da igualdade entre mulleres e homes

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Melón e analiza as demandas do municipio

13/08/19 | 10:29  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Melón e analiza as demandas do municipio

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter coas alcaldesas e alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

Marisol Díaz amosa a súa vontade de seguir cooperando coas entidades locais para desenvolver proxectos que garantan o progreso dos municipios

Nos últimos catro anos o Goberno galego destinou a Melón máis de 2 millóns de euros

12/08/19 | 15:30  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colaborou en prazo en todas as peticións de cobertura de prazas da Policía Local de Gondomar

En febreiro cubríronse 4 prazas de auxiliares a través das listas de agarda unificadas

En xuño convocáronse as tres prazas de axentes de Policía Local comunicadas polo Concello

12/08/19 | 15:21  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica leva a cabo 72 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega