Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 128 novas da área temática Emerxencias  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
O vicepresidente da Xunta reúnese co xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME

16/01/20 | 17:26  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O vicepresidente da Xunta reúnese co xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME

A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento que pode acadar refachos que superen os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade galega

16/01/20 | 11:35  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento que pode acadar refachos que superen os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade galega

Ademais, esténdese a alerta por vento ao interior de Lugo e ao noroeste de Ourense, estando o resto da comunidade en nivel amarelo

Lembramos que durante o día de hoxe, a Xunta insta á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre nas zonas afectadas

A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender tamén as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta

Por mor da alerta laranxa no litoral, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro e de vento e chuvia nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo

15/01/20 | 16:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro e de vento e chuvia nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo

Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos da totalidade das provincias da Coruña, Pontevedra e da Mariña de Lugo e tamén as actividades deportivas ao aire libre nestas zonas, onde se esperan refachos de máis de 100 quilómetros por hora

No litoral da Coruña e Pontevedra alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por ventos do sur e do suroeste que poden acadar forza oito

No oeste, no interior e no suroeste da provincia da Coruña as precipitacións acumuladas poderán chegar aos 90 mm en 12 horas

A Xunta reforza cun novo camión de emerxencias o equipamento do GES do Pereiro de Aguiar

14/01/20 | 13:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reforza cun novo camión de emerxencias o equipamento do GES do Pereiro de Aguiar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o compromiso da Xunta para dotar aos servizos municipais de emerxencia dos medios necesarios para prestar unha resposta eficiente ante calquera intervención

A Xunta entrega un vehículo anfibio ao concello de Maceda para atender emerxencias en zonas de difícil acceso

14/01/20 | 12:05  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta entrega un vehículo anfibio ao concello de Maceda para atender emerxencias en zonas de difícil acceso

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste quad para mellorar os servizos de emerxencias do municipio

A Administración autonómica investiu nos últimos anos máis de 12 millóns de euros en medios materiais cedidos aos concellos
 

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral e por vento nas provincias da Coruña e Lugo

13/01/20 | 17:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral e por vento nas provincias da Coruña e Lugo

En terra, espéranse ventos do suroeste de ata 100 quilómetros por hora na Mariña lucense e no noroeste, o oeste e o suroeste da provincia da Coruña

No mar, alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada con ondas de ata sete metros e ventos do sur e do suroeste que poden acadar forza oito

Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos do noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, onde os refachos de vento poden superar os 100 quilómetros por hora
 

08/01/20 | 14:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa en todo o litoral galego a partir de mañá

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

A Xunta reforza o equipamento de emerxencias do GES de Mugardos coa entrega dun novo camión

08/01/20 | 11:46  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reforza o equipamento de emerxencias do GES de Mugardos coa entrega dun novo camión

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe ao grupo de Emerxencias Supramunicipal dun camión Bomba Rural Pesada equipado para todo tipo de intervencións

O Goberno galego investiu nos últimos anos máis de 12 millóns de euros na cesión de medios materiais para a atención ás emerxencias nos concellos galegos
 

A Xunta mellora o equipamento de atención ás emerxencias de oito Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra

02/01/20 | 16:09  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta mellora o equipamento de atención ás emerxencias de oito Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega hoxe do novo equipamento

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos de Redondela, Vilagarcía, Poio, Marín, Cercedo-Cotobade e da Mancomunidade do Val Miñor e a Agrupación Oitavén-Tea recibiron cadansúa tenda de campaña para a atención ás emerxencias e os efectivos do Rosal un vehículo pick-up

30/12/19 | 15:52  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica levanta 15 actas de infracción en 116 inspeccións por consumo de alcohol e drogas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega