Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 75 novas da área temática Igualdade  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta destina máis de 30.000 euros a un programa da asociación de mulleres en igualdade de Vigo para concienciar sobre a violencia de xénero

05/08/20 | 13:24  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destina máis de 30.000 euros a un programa da asociación de mulleres en igualdade de Vigo para concienciar sobre a violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, reuniuse hoxe por videoconferencia con representantes da organización

A axuda enmárcase na convocatoria do Goberno galego a entidades de iniciativa social para levar a cabo programas destinados a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que este ano contou cun orzamento de 1,4 millóns de euros
 

A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros a financiar programas de conciliación en 122 concellos

03/08/20 | 14:02  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros a financiar programas de conciliación en 122 concellos

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Palas de Rei unha das iniciativas que se financian ao abeiro desta liña de axudas

O orzamento do Goberno galego para promover a igualdade nos concellos e fomentar a contratación de vítimas de violencia de xénero por parte das entidades locais ascende a 8 millóns de euros
 

A Xunta amplía o orzamento destinado a financiar programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

28/07/20 | 13:58  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta amplía o orzamento destinado a financiar programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta ampliación de crédito de algo máis de 24.000 euros para atender a toda as solicitudes

Trátase da segunda vez que se incrementa o orzamento desta convocatoria, que xa se ampliara en maio en 122.000 euros

En total, a Xunta destina a este fin máis de 1,4 millóns de euros
 

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros

27/07/20 | 14:23  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. do Medio Rural

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Alfonso Rueda explicou que o ano pasado xa se asinou coa consellería do Medio Rural un convenio para poñer en marcha medidas e actuacións contra a violencia de xénero

José González sinalou que se promoverán actividades de formación para reforzar a autoestima e o empoderamento das mulleres
 

Continúa aberto o prazo para solicitar axudas do programa Emega de fomento do emprendemento feminino

22/07/20 | 13:09  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Continúa aberto o prazo para solicitar axudas do programa Emega de fomento do emprendemento feminino

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe nunha xornada online sobre este programa organizada pola Cámara de Comercio de Santiago

O orzamento para esta convocatoria supera os 1,7 millóns de euros
 

Xunta e Universidade de Santiago presentan as axudas do programa Emega deste ano para incentivar o fomento do emprendemento feminino

15/07/20 | 14:05  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e Universidade de Santiago presentan as axudas do programa Emega deste ano para incentivar o fomento do emprendemento feminino

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presentarán hoxe o programa Emega para este ano que conta cun 4% máis de orzamento

Este ano destinase máis de 1,7 millóns de euros co obxectivo de que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo femininos

Finalmente Alfonso Rueda explicou que dende o ano 2009 foron financiados 700 proxectos que deron emprego a preto de 1.300 mulleres, e aos 9,1 millóns que levamos investidos na última década sumamos na convocatoria deste ano 1,7 millóns
 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación das axudas  dirixidas aos concellos galegos para a promoción da igualdade

13/07/20 | 10:47  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación das axudas dirixidas aos concellos galegos para a promoción da igualdade

A dotación amplíase en máis de 215.000 euros para o programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar acadando un orzamento global de 6,6 millóns de euros

Ao abeiro destas axudas tamén se subvencionan iniciativas de prevención e tratamento integral da violencia de xénero nas entidades locais, e accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, ademais de apoiar aos Centros de Información á Muller (CIM)

A Xunta destaca a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social das mulleres a través do emprendemento feminino

09/07/20 | 12:01  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social das mulleres a través do emprendemento feminino

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe no “XXI Encontro entre Emprendedoras e Empresarias” da Fundación Mulleres, que nesta edición abordou o impacto da covid19 no emprendemento

Avogou por aproveitar as potencialidades do talento feminino en tódolos sectores para favorecer a participación das mulleres no mercado laboral e avanzar cara a igualdade neste ámbito

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

06/07/20 | 10:00  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar

A convocatoria deste ano reforza a ‘liña Activa’ destinada a axudar ás empresas que están a atravesar unha situación económica adversa que se viu agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19

O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

29/06/20 | 12:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral

A finalidade principal do Plan é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social