Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 623 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta colabora co Colexio de Médicos da Coruña para actuar contra as agresións aos facultativos

06/11/19 | 14:53  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. de Sanidade

A Xunta colabora co Colexio de Médicos da Coruña para actuar contra as agresións aos facultativos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio co presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, para dar resposta, a través da Axencia Galega de Emerxencias, ás situacións de risco dos profesionais médicos

O acordo contempla a instalación dun botón de alerta nos teléfonos móbiles dos médicos que, unha vez activado, permitirá poñer en marcha desde o Centro Integrado de Emerxencias 112 o protocolo de actuación para estes incidentes

A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino no cooperativismo agrario

06/11/19 | 12:55  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. do Medio Rural

A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino no cooperativismo agrario

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que unha maior participación das mulleres no cooperativismo é clave para ampliar a base produtiva, xerar diversidade e optimizar o talento

A Policía Autonómica  e o Servizo de Gardacostas comisan 362 quilos de ameixa procedente do marisqueo furtivo en Lourizán

05/11/19 | 18:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas comisan 362 quilos de ameixa procedente do marisqueo furtivo en Lourizán

A actuación saldouse tamén coa incautación de dous raños e as ameixas intervidas foron resementadas na zona

A Xunta informa aos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Miño da tramitación para o sostemento común dun posto de tesourería

05/11/19 | 16:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta informa aos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Miño da tramitación para o sostemento común dun posto de tesourería

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes destes catro municipios da Coruña

05/11/19 | 14:02  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Os locais para asociacións no edificio de Benito Corbal de Pontevedra abrirán ao público o próximo 14 de novembro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, lembrou que estas instalacións completaranse con tres plantas destinadas a oficinas de emprego, e outras tres para a Universidade de Vigo, así como para futura fundación Manuel Moldes

As oficinas de emprego teñen fixado o seu día de apertura para o 22 deste mes

A Xunta contará co Monbus Obradoiro como aliado para visibilizar e contribuír a erradicar a violencia de xénero

05/11/19 | 12:38  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta contará co Monbus Obradoiro como aliado para visibilizar e contribuír a erradicar a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do deporte galego como ferramenta para a loita pola tolerancia, a igualdade e contra a violencia machista

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinou hoxe co presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, un convenio de patrocinio para inculcar unha educación sen discriminación entre a mocidade galega

O equipo de baloncesto compostelán colaborará co Goberno galego en sensibilizar e previr sobre esta lacra, ao igual que o Real Club Celta de Vigo, o C.D. Lugo, o C.B. Breogán e o Real Club Deportivo da Coruña

05/11/19 | 12:11  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta formará a 200 empregados públicos das súas delegacións territoriais sobre o Sistema Electrónico de Atención á Cidadanía

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou hoxe en Lugo na primeira das xornadas nas provincias

Este venres impartirase a formación nas delegacións do Goberno galego en Pontevedra e Vigo e a próxima semana continuará o mércores 13 na da Coruña e o xoves 14 na de Ourense

Esta ferramenta única e transversal permitirá reducir os prazos de resposta das solicitudes do cidadán, eliminar o papel na tramitación dos procedementos e consolidar unha administración moderna, transparente e dixital

O vicepresidente da Xunta visita o Concello de Oímbra

04/11/19 | 17:03  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O vicepresidente da Xunta visita o Concello de Oímbra

04/11/19 | 15:55  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica identifica a 34 persoas en 65 inspeccións por consumo de alcohol e drogas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

04/11/19 | 12:56  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdanse ventos do sur de forza oito en Lugo e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros en toda a costa

A Xunta lembra a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web

Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas