Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 435 novas da Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

29/06/20 | 12:54  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral

A finalidade principal do Plan é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social
 

O prazo para solicitar o voto por correo dos residentes en España remata este xoves, 2 de xullo

29/06/20 | 12:52  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

O prazo para solicitar o voto por correo dos residentes en España remata este xoves, 2 de xullo

Pode solicitarse nas oficinas de Correos ou ben na súa web empregando un certificado electrónico

O procedemento é totalmente gratuíto

A Xunta ofertará 72 prazas nos seis campos de voluntariado que desenvolverá este verán na provincia de Ourense

27/06/20 | 12:58  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta ofertará 72 prazas nos seis campos de voluntariado que desenvolverá este verán na provincia de Ourense

O prazo de inscrición xa está aberto para os maiores de 18 anos de Galicia que desexen participar nesta iniciativa que oferta un total de 348 prazas

Ourense contará con dous novas iniciativas que terán lugar en Ribadavia e O Pereiro de Aguiar

As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias
 

A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado que se desenvolverán na provincia de Lugo este verán

27/06/20 | 11:01  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta oferta 72 prazas en seis campos de voluntariado que se desenvolverán na provincia de Lugo este verán

Os maiores de 18 anos interesados en participar xa poden inscribirse no programa, que inclúe catro novos campos na provincia e admite un máximo de 12 persoas en cada un

Os concellos de Quiroga, Palas de Rei, Castro de Rei, A Pobra do Brollón, Triacastela e Ribas de Sil acollerán as actividades

Aberto o prazo de inscrición nos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta este verán na provincia da Coruña

27/06/20 | 10:16  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Aberto o prazo de inscrición nos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta este verán na provincia da Coruña

Póñense á disposición dos maiores de 18 anos de Galicia un total de 96 prazas na Coruña

As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias
 

Os locais de ocio nocturno e verbenas iniciarán a súa actividade o 1 de xullo con limitacións de aforo e rigorosas medidas de prevención

26/06/20 | 13:38  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Os locais de ocio nocturno e verbenas iniciarán a súa actividade o 1 de xullo con limitacións de aforo e rigorosas medidas de prevención

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe as medidas de seguridade sanitaria que deberán seguir os locais de ocio nocturno, verbenas e festas populares

O aforo no interior dos locais de ocio nocturno será de dous terzos e do 50 por cento na pista de baile

Deberán ter un sistema de rexistro das persoas que acceden ao local

Nas verbenas o aforo será calculado coa medida dunha persoa cada tres metros cadrados e con máximos de 1.000 persoas nos recintos igual ou inferiores a 8.000 metros cadrados; e de 2.000 nos superiores a esa superficie

As atraccións de feira poderán ser ocupadas ata o máximo que permita manter a distancia interpersoal e, senón, ao 50 por cento

Avanzou que se porá en marcha un Plan especial de vixilancia da Policía Autonómica, no que se pedirá a colaboración do resto de forzas e corpos de seguridade, para comprobar que se cumpren as medidas sanitarias en distintos ámbitos

26/06/20 | 12:25  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta realiza un novo envío de 158.800 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

Esta semana enviouse unha nova partida a 108 centros de 62.650 máscaras e 67.600 luvas

A Xunta leva entregados nos centros sociais da provincia da Coruña trece envíos desde o inicio da crise
 

26/06/20 | 12:20  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta subministrou case 1 millón de unidades de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais de Lugo dende o inicio da crise sanitaria

O Goberno galego mantén a colaboración coas entidades prestadoras de servizos sociais, públicas e privadas, e realizou nos últimos días outro envío de 68.300 unidades

A Xunta traslada á comisaria de Política Rexional as propostas de Galicia fronte á crise da covid-19 e do brexit nas rexións atlánticas

26/06/20 | 10:41  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta traslada á comisaria de Política Rexional as propostas de Galicia fronte á crise da covid-19 e do brexit nas rexións atlánticas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesus Gamallo participou hoxe por videconferencia na Asamblea xeral da Comisión Arco Atlántico, que foi inaugurada pola Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira

A Xunta incide na importancia das medidas e recomendacións do plan 'Galicia, destino seguro' este verán na nosa comunidade

25/06/20 | 17:00  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta incide na importancia das medidas e recomendacións do plan 'Galicia, destino seguro' este verán na nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o hotel-cámping Arco Iris, na praia de Terrón de Vilanova de Arousa, acompañado polo seu alcalde, Gonzalo Durán

O Plan contempla unha batería de accións para apoiar ao sector turístico, que vai dende manuais cos requisitos e recomendacións ata un Plan de formación, así como asesoramento e financiamento en materia de seguridade sanitaria