Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 623 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :

31/10/19 | 12:57  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A quinta edición do 'Job Day' da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal permitirá formalizar contratacións no sector da biotecnoloxía

Dez empresas galegas e do norte de Portugal entrevistaron neste evento celebrado en varias xornadas en Vigo e Porto a 80 candidatos e recibiron 978 currículos para cubrir os seus postos de traballo vacantes

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia e a Asociación Portuguesa de Bioindustrias colaboraron neste encontro, destinado a favorecer o contacto entre empresarios e traballadores galegos e portugueses co obxectivo de fomentar a contratación transfronteiriza

O 'Job Day' está considerado un exemplo de boa práctica para a promoción do emprego

O Club Deportivo Lugo e o Club Baloncesto Breogán colaborarán coa Xunta na loita contra a violencia de xénero

30/10/19 | 13:03  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Club Deportivo Lugo e o Club Baloncesto Breogán colaborarán coa Xunta na loita contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia da implicación do deporte para educar e concienciar á mocidade na igualdade e como aliado para erradicar a violencia machista

Os convenios de patrocinio asinados hoxe cos dous equipos de Lugo forman parte dunha actuación con clubs profesionais de fútbol e baloncesto para que contribúan a transmitir contidos relacionados coa loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia no deporte e na vida

A iniciativa forma parte das actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deporte que inclúen tamén campañas de prevención e sensibilización con deportistas e equipos de alto nivel e colectivos das federacións deportivas
 

Xunta e TSXG acordan poñer en marcha un proxecto para achegar a Administración de Xustiza á mocidade galega

29/10/19 | 15:58  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e TSXG acordan poñer en marcha un proxecto para achegar a Administración de Xustiza á mocidade galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta maña na sede do Tribunal Superior de Xustiza, a Comisión Mixta de Xustiza

Abordouse tamén a posta en marcha da Oficinas de Atención á vítima, que contan xa con dous funcionarios, un profesional da psicoloxía e ás que se sumará un traballador social, no mes de novembro

Máis de 500 empregados públicos da Xunta coñecen o funcionamento do Sistema Electrónico de Atención á Cidadanía

29/10/19 | 15:19  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Máis de 500 empregados públicos da Xunta coñecen o funcionamento do Sistema Electrónico de Atención á Cidadanía

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou esta mañá na segunda xornada explicativa do sistema para o persoal das distintas consellerías do Goberno galego

A formación sobre o funcionamento desta ferramenta continuará a partir da próxima semana nas delegacións territoriais da Xunta para formar 200 funcionarios

O SIACI recolle nun único punto a xestión das queixas, suxestións e solicitudes tanto de información xeral e particular como de acceso a información pública e permite reducir os prazos de resposta, eliminar o papel na tramitación interna e consolidar unha administración moderna, transparente e dixital

Corina Porro recibe ao director da Axencia Europea de Protección de Datos, quen impartirá hoxe unha conferencia na Universidade de Vigo

29/10/19 | 09:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Corina Porro recibe ao director da Axencia Europea de Protección de Datos, quen impartirá hoxe unha conferencia na Universidade de Vigo

28/10/19 | 19:53  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta aposta pola implicación dos centros de ensino e as familias na educación en igualdade para a prevención da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na xornada de escola de familias 'Ferramentas para educar en igualdade' organizada pola Asociación de Pais e Nais Picariños do CEIP Figueroa da Estrada

Esta asociación recibiu apoio do Goberno galego para poñer en marcha o proxecto 'Igualdade+Corresponsabilidade=Respecto' ao abeiro das axudas ás Anpas para a promoción de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero

A Xunta forma 50 especialistas para detectar e abordar a violencia de xénero en mulleres maiores ou dependentes

28/10/19 | 18:11  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta forma 50 especialistas para detectar e abordar a violencia de xénero en mulleres maiores ou dependentes

A Escola Galega de Administración Pública inaugurou hoxe o curso monográfico “Detección ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e servizos de axuda a domicilio”

A secretaria xeral da Igualdade incidiu na necesidade de reforzar a atención en violencia de xénero aos colectivos vulnerables, entre os que se inclúen as mulleres maiores

A directora da EGAP resaltou o esforzo do organismo por consolidar a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta asiste ao almorzo-coloquio do presidente do Parlamento de Galicia

28/10/19 | 16:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O vicepresidente da Xunta asiste ao almorzo-coloquio do presidente do Parlamento de Galicia

28/10/19 | 15:01  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica identifica a 54 persoas e leva a cabo 95 inspeccións por venda e consumo de alcohol en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Alfonso Rueda participa en Vilanova de Arousa na ofrenda floral a Valle-Inclán

28/10/19 | 14:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Alfonso Rueda participa en Vilanova de Arousa na ofrenda floral a Valle-Inclán