Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 435 novas da Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
Xunta e Ence asinan un convenio de colaboración para contratar durante 12 meses a persoas que acaban de titularse

18/06/20 | 13:15  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xunta e Ence asinan un convenio de colaboración para contratar durante 12 meses a persoas que acaban de titularse

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e o director de Ence, Antonio Casal, presentaron hoxe esta iniciativa

Ence destinará 500.000 euros a este proxecto, que se enmarca dentro do Pacto Ambiental asinado coa Xunta

18/06/20 | 11:17  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta realiza un novo envío de 159.935 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

Esta semana enviouse unha nova partida a 108 centros de 65.405 máscaras, 93.900 luvas e 630 traxes antisalpicaduras

A Xunta leva entregados nos centros sociais da provincia da Coruña doce envíos desde o inicio da crise

A Xunta incide no papel dos medios de comunicación para fomentar a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero

17/06/20 | 18:59  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta incide no papel dos medios de comunicación para fomentar a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou esta tarde na clausura do Congreso Atlántico de marketing dixital Flúor, que se celebrou en formato en liña

A Xunta reforza en Pontevedra a coordinación policial para a vixilancia, difusión e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

17/06/20 | 14:39  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta reforza en Pontevedra a coordinación policial para a vixilancia, difusión e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

As delegadas territoriais en funcións da Xunta en Pontevedra e Vigo, Ana Ortiz e Marta Iglesias, presidiron a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios

A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI

17/06/20 | 14:04  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con responsables de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI do Ministerio de Igualdade e das comunidades autónomas

17/06/20 | 11:28  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta pon á disposición da mocidade máis de 1.300 prazas na provincia de Ourense para participar nas actividades de ocio e tempo libre da campaña de verán

A delegada territorial en funcións da Xunta en Ourense, Silvia Dorado Morales, subliña que se elaborou un protocolo específico ante a covid-19 para o desenvolvemento desta campaña

Como novidade, o albergue de Vilariño de Conso e a Residencia de Tempo Libre do Carballiño incorpóranse como instalacións para acoller actividades e ofértase un campamento de danza moderna e natureza no albergue Equal de Coles

Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse 54 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos

Por primeira vez desenvolveranse minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turísticos

Os interesados en participar nos campamentos xuvenís ofertados na Comunidade teñen de prazo ata o xoves, 25 de xuño, para presentar as solicitudes

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

17/06/20 | 11:15  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

A través destas axudas foméntase a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación laboral, social e persoal

A Xunta reforza a coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria de cara á tempada de alto risco que comeza o 1 de xullo

16/06/20 | 18:44  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta reforza a coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria de cara á tempada de alto risco que comeza o 1 de xullo

A delegada territorial en funcións da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, presidiu a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiicendios

Fixeron un recoñecemento expreso ao labor de voluntariado que fixo o persoal do servizo autonómico de incendios durante os meses pasados, con tarefas de limpeza e desinfección das contornas dos centros de saúde e residencias emprazadas en concellos do rural de menos de 5.000 habitantes
 

A Xunta entregará esta semana o protocolo coas medidas sanitarias de prevención da covid-19 nas verbenas

16/06/20 | 15:05  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta entregará esta semana o protocolo coas medidas sanitarias de prevención da covid-19 nas verbenas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron hoxe unha xuntanza por videoconferencia con representantes do sector

16/06/20 | 14:50  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta concede axudas a concellos ourensáns que permiten a contratación de 101 perceptores da Risga e 55 socorristas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as convocatorias de axudas dirixidas ás entidades locais co obxectivo de mellorar a empregabilidade da súa veciñanza

Na liña da contratación de perceptores da Renda Galega de Inclusión Social (Risga) resultaron beneficiadas 37 entidades locais que poderán contratar 101 persoas durante nove meses

O Goberno galego apoiará a contratación de 78 socorristas durante 2 meses de verán en todas as entidades locais que o solicitaron, 55 en total