Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 76 novas da área temática Administración pública  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :

02/08/19 | 15:31  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Os concellos da área territorial de Vigo recibiron do Goberno galego ao abeiro do Fondo de Cooperación Local 12,6 M€

O Fondo de Cooperación Local é un dos compromisos do Goberno galego co municipalismo, que ademais suma a este programa outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías

A cidade de Vigo percibiu o maior investimento con preto de 6,2 millóns, contía que recibe ano tras ano do Goberno galego

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co  novo alcalde de Vilar de Barrio e analiza as demandas do municipio

31/07/19 | 11:13  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Vilar de Barrio e analiza as demandas do municipio

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter coas alcaldesas e alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

Marisol Díaz amosa a súa vontade de seguir cooperando coas entidades locais para desenvolver proxectos que garantan o progreso dos municipios

Nos últimos catro anos o Goberno galego destinou a Vilar de Barrio máis de 810.000 euros

29/07/19 | 14:38  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta licita en preto de 2 millóns de euros as obras de mellora da eficiencia enerxética do seu edificio administrativo en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, salienta que, con esta actuación, mellorarase o confort e as condicións nas que prestan os seus servizos os empregados públicos e, do mesmo xeito, á cidadanía e os miles de usuarios que se achegan ao edificio

29/07/19 | 11:51  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colabora co concello de Piñor para levar a cabo melloras no alumeado público e na pavimentación de camiños

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo neste concello

A Xunta mantén unha xuntanza coas asociacións que ocuparán os locais de Benito Corbal

24/07/19 | 14:29  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta mantén unha xuntanza coas asociacións que ocuparán os locais de Benito Corbal

Na reunión deuse conta do regulamento de réxime interno, das normas de uso das zonas comúns e tamén se resolveron dúbidas das adxudicatarias

As beneficiarias resultaron elixidas a través dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Baltar e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

24/07/19 | 12:43  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Baltar e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos alcaldes da provincia desde o mes de xuño, cando se constituíron as novas corporacións locais

Marisol Díaz amosa a súa vontade de seguir traballando desde o diálogo para desenvolver con éxito os proxectos municipais e reforzar nesta nova etapa a cooperación entre o Goberno galego e as entidades locais

Este concello ourensán recibiu dos distintos departamentos autonómicos achegas que suman máis de 2,3M€ durante o período o 2015-2019

 Díaz Mouteira mantén unha xuntanza co alcalde de Sandiás para analizar futuros proxectos conxuntos no Concello

23/07/19 | 15:49  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira mantén unha xuntanza co alcalde de Sandiás para analizar futuros proxectos conxuntos no Concello

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

Nos últimos catro anos Sandiás recibiu achegas autonómicas de case un millón de euros

23/07/19 | 15:43  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Leiro e bríndalle a colaboración da Xunta para seguir a avanzar no progreso do municipio

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos rexedores da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

Este concello ourensán recibiu dos distintos departamentos autonómicos achegas que suman máis de 2,2M€ durante o período o 2015-2019

A EGAP aproba un código ético e de boas prácticas para as súas revistas científicas

23/07/19 | 15:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A EGAP aproba un código ético e de boas prácticas para as súas revistas científicas

A EGAP acolleu esta mañá a reunión do consello de redacción da revista Administración&Cidadanía

A aprobación do código ético, xunto coa próxima transformación das revistas a un formato electrónico, permitirá mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas, aumentar a transparencia en todo o proceso e facer máis accesibles os contidos á cidadanía

A Xunta destaca a importancia da colaboración cos concellos para executar actuacións en beneficio da cidadanía

23/07/19 | 12:02  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia da colaboración cos concellos para executar actuacións en beneficio da cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe A Cañiza

Coñeceron de primeira man a humanización levada a cabo na rúa Regueiro grazas ás axudas da Vicepresidencia

A Xunta ten concedido ao concello axudas por importe de case 1,4 millóns de euros durante os últimos anos