Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 126 novas da área temática Emerxencias  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :

05/10/19 | 11:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Galicia participará no desfile terrestre do Día da Festa Nacional con medios e persoal da AXEGA e Protección Civil

Desprazarase un vehículo de intervención rápida cunha embarcación e un camión nodriza

04/10/19 | 15:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta avoga pola colaboración para afrontar as ameazas actuais na seguridade nacional e internacional

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, clausurou hoxe o “I Foro Noroeste de Seguridade: Nacional e Internacional”

O Goberno galego insta a sumar esforzos entre tódalas Administracións para mellorar a seguridade e garantir o benestar da cidadanía
 

Un total de 72 concellos están adheridos ao proceso selectivo unificado para os corpos de Policía Local

02/10/19 | 11:37  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Un total de 72 concellos están adheridos ao proceso selectivo unificado para os corpos de Policía Local

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento que nesta segunda convocatoria ofertáronse 149 prazas de auxiliares e 156 de policía local, incluíndo as de mobilidade

O obxectivo para as seguintes convocatorias é fixar datas fixas dos procesos selectivos para unha mellor organización de concellos e aspirantes
 

A Xunta destaca a importancia do intercambio de información e a posta en común de experiencias entre os profesionais das emerxencias para a prevención e a mellora continua neste eido

02/10/19 | 11:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia do intercambio de información e a posta en común de experiencias entre os profesionais das emerxencias para a prevención e a mellora continua neste eido

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración da Semana da Prevención de Incendios

O responsable dos labores de extinción do gran incendio forestal en Gran Canaria do pasado agosto e o coordinador do rescate do pozo de Totalán interviron ao longo desta xornada

As actividades da Semana de Prevención de Incendios, nas que colabora a Axega, levaranse a cabo do 10 ao 15 de outubro para divulgar coñecementos en autoprotección e de prevención de riscos
 

30/09/19 | 16:07  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica leva a cabo 55 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

A Xunta entrega tres motos acuáticas para atender emerxencias en zonas de costa nos concellos de Ribeira, Arteixo e A Guarda

30/09/19 | 13:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta entrega tres motos acuáticas para atender emerxencias en zonas de costa nos concellos de Ribeira, Arteixo e A Guarda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou hoxe en Ribeira tres motos acuáticas para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos

O Goberno galego deu comezo con estas entregas o pasado ano, no que os concellos de Ortigueira, Cervo, Sanxenxo, Muros, Ponteceso e á Mancomunidade do Val Miñor recibiron sendas motos acuáticas

30/09/19 | 12:58  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Ames

No que vai de ano, un total de 69 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

A Xunta participa en Portugal nun simulacro internacional de rescate en zonas illadas e difícil acceso

25/09/19 | 16:45  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta participa en Portugal nun simulacro internacional de rescate en zonas illadas e difícil acceso

A través da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), o Goberno galego asume un papel destacado na realización dun exercicio de rescate en montaña, que tivo lugar na localidade portuguesa de Mogadouro e que contou coa colaboración de equipos de emerxencias do Norte de Portugal e Castela e León

Esta actuación enmárcase no proxecto europeo ARIEM+, que centra a cooperación fronteiriza en materia de emerxencias na loita contra o cambio climático

A Xunta destaca a importancia da formación dos voluntarios de Protección Civil para unha mellor atención nas emerxencias

24/09/19 | 21:09  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia da formación dos voluntarios de Protección Civil para unha mellor atención nas emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta tarde dos carnés de voluntarios aos novos membros de Protección Civil de Ames que completaron o curso de formación básico da AGASP

A Xunta mellora o equipamento de emerxencias de Agrupacións de Protección Civil de 14 concellos da provincia de Ourense

21/09/19 | 14:00  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta mellora o equipamento de emerxencias de Agrupacións de Protección Civil de 14 concellos da provincia de Ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entregou hoxe sete vehículos pick-up e sete remolques cos que mellorar a calidade de resposta fronte ás emerxencias

Os equipos irán destinados aos concellos de San Xoán de Río, Boborás, Sarreaus, Beariz, Vilamartín de Valdeorras, Vilariño de Conso, A Bola, Xunqueira de Ambía, Viana do Bolo, Muíños, Carballeda de Avia, Esgos, O Bolo e Paderne de Allariz

O Goberno galego destinou nos últimos anos máis de 12 millóns de euros en equipamento de emerxencias cedido aos concellos galegos