Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 76 novas da área temática Igualdade  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

29/06/20 | 12:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral

A finalidade principal do Plan é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social
 

A Xunta colabora coas entidades sen ánimo de lucro en programas de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero

22/06/20 | 11:28  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colabora coas entidades sen ánimo de lucro en programas de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria, que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A través destas axudas fináncianse itinerarios personalizados para a busca de emprego que inclúe orientación profesional e intermediación coas empresas

Tamén se apoia a conciliación e ofértanse bolsas para sufragar os gastos de desprazamentos co obxectivo de favorecer unha maior participación das mulleres vítimas de violencia de xénero nesta iniciativa

A Xunta avoga polo empoderamento das mulleres con discapacidade para avanzar cara a unha igualdade real

18/06/20 | 13:30  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta avoga polo empoderamento das mulleres con discapacidade para avanzar cara a unha igualdade real

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), Mónica Álvarez, e co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga

Destacou a necesidade de sensibilizar sobre a realidade deste colectivo e fomentar a súa autonomía, así como contribuír a previr a violencia de xénero e situacións de violencia sexual

A Xunta incide no papel dos medios de comunicación para fomentar a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero

17/06/20 | 18:59  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta incide no papel dos medios de comunicación para fomentar a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou esta tarde na clausura do Congreso Atlántico de marketing dixital Flúor, que se celebrou en formato en liña

A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI

17/06/20 | 14:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con responsables de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI do Ministerio de Igualdade e das comunidades autónomas

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

17/06/20 | 11:15  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colaborará con 69 entidades para poñer en marcha programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

A través destas axudas foméntase a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación laboral, social e persoal

O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero

15/06/20 | 09:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero

As mulleres que sofren violencia de xénero poden acadar a través deste apoio maior autonomía e independencia económica, así como máis opcións dunha inserción laboral estable para a súa integración plena no ámbito económico e social

As subvencións van destinadas a contratación para a realización de obras ou servizos de intereses xeral e utilidade social competencia das entidades locais
 

A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas casas de acollida a vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller

12/06/20 | 13:18  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas casas de acollida a vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller

A secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo unha xuntanza coa delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell

Natalia Prieto indicou que o centros de acollida garantirán un cuarto adecuado para posibles illamentos no caso de que algunha das persoas residentes manifeste síntomatoloxía compatible coa covid-19

Nos CIM recoméndase a implementación de cita previa e establecer un horario de atención prioritaria para persoas maiores de 65 anos e outras situacións de vulnerabilidade relacionadas coa saúde

A Xunta fomenta a corresponsabilidade coas axudas por  redución de xornada para homes e familias monoparentais

12/06/20 | 10:49  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta fomenta a corresponsabilidade coas axudas por redución de xornada para homes e familias monoparentais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que impulsan a conciliación da vida familiar e laboral ao permitir aos beneficiarios a redución de xornada para coidar aos seus fillos e fillas menores de 3 anos

A convocatoria deste ano ten en conta as posibles situacións laborais adversas debido ao actual contexto económico derivado do estado de alarma pola crise sanitaria do coronavirus

A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da igualdade

11/06/20 | 17:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da igualdade

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na presentación de Irene Vilaboa como adestradora do equipo de balonmán

Natalia Prieto sinalou o potencial do deporte para transmitir valores relacionados coa igualdade debido a que son referentes para a mocidade