Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta incide na importancia da formación en reanimación cardio pulmonar aos escolares galegos

16/10/19 | 12:49  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta incide na importancia da formación en reanimación cardio pulmonar aos escolares galegos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, asistiu esta mañá á xornada educativa con motivo do Día Europeo da Concienciación do Paro Cardíaco

O programa de RCP na aula, nos últimos dez anos, ten formado a case 15.000 nenas e nenos galegos

A Xunta destaca a importancia dos simulacros de incendios forestais para garantir a eficacia de resposta ante posibles emerxencias

16/10/19 | 12:45  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia dos simulacros de incendios forestais para garantir a eficacia de resposta ante posibles emerxencias

O obxectivo destes exercicios é comprobar que todos os efectivos que participan no operativo e o equipamento empregado funcionan de forma coordinada

O Goberno galego continuará coa execución de probas deste tipo nos distritos forestais nos que aínda non se realizaron e coa divulgación de medidas de autoprotección para facer fronte aos lumes forestais
 

A Xunta subvenciona a 18 Anpas da provincia ourensá para programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero

16/10/19 | 10:44  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta subvenciona a 18 Anpas da provincia ourensá para programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, considera fundamental a implicación destas entidades para chegar ás familias e ao alumnado

Esta liña de axudas inscríbese no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e constitúe a primeira convocatoria destinada a este tipo de entidades

A Xunta aumentará a dotación do Fondo de Cooperación Local para 2020 ata os 135,8 millóns de euros, un 6,6% máis que neste exercicio

15/10/19 | 20:30  | C. de Facenda , Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta aumentará a dotación do Fondo de Cooperación Local para 2020 ata os 135,8 millóns de euros, un 6,6% máis que neste exercicio

O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Facenda mantiveron un encontro hoxe cos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

A secretaria xeral da Igualdade e o director xeral de Desenvolvemento Rural asistiron á presentación da nova asociación de mulleres rurais do Deza

15/10/19 | 18:18  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. do Medio Rural

A secretaria xeral da Igualdade e o director xeral de Desenvolvemento Rural asistiron á presentación da nova asociación de mulleres rurais do Deza

A Xunta pon en marcha o proxecto ‘Sementes para a igualdade’ para dar visibilidade ao papel da muller no medio rural

15/10/19 | 16:28  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta pon en marcha o proxecto ‘Sementes para a igualdade’ para dar visibilidade ao papel da muller no medio rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou o primeiro vídeo da campaña durante a xornada “A vida no rural galego”, organizada por CLUN

Na clausura do acto participou a secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, María Jesús Lorenzana, quen puxo en valor o esforzo e a dedicación da muller rural ao longo da historia na nosa terra
 

 A Xunta mantén como prioridade incrementar o recoñecemento social, económico e institucional das mulleres do rural

15/10/19 | 15:12  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta mantén como prioridade incrementar o recoñecemento social, económico e institucional das mulleres do rural

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro do Medio Rural, José González, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron hoxe nunha xornada con motivo do Día Internacional da Muller Rural

O Goberno galego traballa na visibilización do papel das mulleres rurais, en garantir o seu acceso en igualdade de condicións ao emprego, no impulso do emprendemento feminino e na implantación de medidas para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral

O conselleiro José González anunciou que Galicia acollerá o vindeiro mes de novembro un congreso internacional, con participación da FAO, sobre desenvolvemento rural coas mulleres como protagonistas
 

A Xunta reforza a seguridade dos xulgados de Redondela con novas cámaras e sistemas de gravación

15/10/19 | 13:19  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reforza a seguridade dos xulgados de Redondela con novas cámaras e sistemas de gravación

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o edificio xudicial para comprobar as melloras realizadas

A actuación inscríbese no proxecto de mellora da seguridade dos edificios xudiciais galegos incluído no Plan de Infraestruturas Xudiciais do Goberno galego

Díaz Mouteira salienta o traballo das asociacións de mulleres rurais a prol da igualdade real e efectiva de homes e mulleres no rural

15/10/19 | 12:29  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira salienta o traballo das asociacións de mulleres rurais a prol da igualdade real e efectiva de homes e mulleres no rural

A delegada territorial da Xunta en Ourense visitou en Monterrei a asociación ‘Fonte do Ouro’, con motivo do Día Mundial da Muller Rural e puxo en valor o papel das mulleres como motores de desenvolvemento e crecemento das zonas rurais

Esta entidade é unha das beneficiarias das achegas da Secretaría Xeral da Igualdade destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

14/10/19 | 14:51  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica identifica a 21 persoas por consumo e venda de alcohol a menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega