Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 606 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta di non a todas as formas de violencia de xénero coa campaña do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

08/11/19 | 13:09  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta di non a todas as formas de violencia de xénero coa campaña do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe en rolda de prensa as accións desta iniciativa

A campaña terá 72 pases de spots en televisión, 400 cuñas de radio, 24 anuncios en prensa e en máis de seis millóns de banners de internet

Tamén estará presente nun cento de valos, en 50.000 carteis distribuídos en empresas ou centros públicos, nos eventos deportivos e nas redes sociais

O domingo 24 de novembro celebrarase a sétima edición da andaina “Camiño ao respecto” entre o Monte do Gozo e a Praza do Obradoiro

O Goberno galego puxo en marcha este ano campañas dirixidas á mocidade e ás mulleres do rural e dou continuidade á iniciativa “Agresión Off” contra a violencia sexual

As primeiras xornadas 'Di non á violencia de xénero no deporte' reúnen na EGAP a máis de 150 actores do tecido deportivo galego para formarse na difusión de mensaxes contra esta lacra

07/11/19 | 18:50  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , Secretaría Xeral para o Deporte

As primeiras xornadas 'Di non á violencia de xénero no deporte' reúnen na EGAP a máis de 150 actores do tecido deportivo galego para formarse na difusión de mensaxes contra esta lacra

O secretario xeral para o Deporte destaca que grazas a estas xornadas as nosas mensaxes terán “moita máis repercusión e contribuirán a sensibilizar aínda máis á sociedade do perigo desta enfermidade”

A secretaria xeral da Igualdade afirma que “a eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación”

07/11/19 | 18:45  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

As Oficinas de Atención ás Vítimas da Coruña e de Santiago refórzanse coa incorporación este venres dunha traballadora social

O obxectivo é prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, consolidando o modelo de atención actual

Ditas oficinas contan xa, cada unha, cunha profesional da psicoloxía

07/11/19 | 17:42  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Oficina de Atención ás Vítimas de violencia de Vigo refórzase coa incorporación este venres dunha traballadora social

O obxectivo é prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, consolidando o modelo de atención actual

Dita oficina conta xa cunha profesional da psicoloxía dependente da Fiscalía

07/11/19 | 17:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta incorpora dende mañá unha traballadora social á Oficina de Atención ás Vítimas dos xulgados de Ourense

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, lembrou que esta medida avanza no protocolo de actuación para ofrecer unha asistencia integral e especializada

A sala Gesell de Ourense,que xa leva funcionando dous anos no edificio xudicial de Ourense, é outra das medidas contempladas para protexer ás vítimas

Marisol Díaz Mouteira mantén un encontro institucional co novo xeral xefe da Brilat 'Galicia VII'

07/11/19 | 13:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Marisol Díaz Mouteira mantén un encontro institucional co novo xeral xefe da Brilat 'Galicia VII'

A Xunta considera fundamental fomentar a participación das mulleres en postos de responsabilidade no ámbito laboral

07/11/19 | 12:51  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta considera fundamental fomentar a participación das mulleres en postos de responsabilidade no ámbito laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no acto oficial do IV Congreso Empresarias Galicia

O Goberno galego avoga por poñer en marcha medidas a prol da igualdade entre mulleres e homes para acabar coas diferenzas por razón de xénero e por reforzar o liderado e o empoderamento feminino para desenvolver unha sociedade máis xusta e igualitaria

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

07/11/19 | 12:47  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Agárdanse ventos de forza 7 e mar combinada con ondas de 5 a 7 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense

A Xunta lembra a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

06/11/19 | 18:59  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta apoia incrementar a atención ás vítimas de violencia de xénero no rural e potenciar a súa inserción laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á clausura dunha xornada sobre violencia de xénero no rural organizada pola Asociación para o Desenvolvemento Rural da comarca de Lugo

O acordo entre a Vicepresidencia da Xunta e a Consellería do Medio Rural para desenvolver medidas do Pacto de Estado inclúe campañas de prevención, formación e sensibilización nas zonas rurais e un programa para a contratación de vítimas desta lacra en empresas forestais e agrogandeiras

Galicia e Bulgaria intercambian experiencias sobre a xestión das emerxencias no CIAE 112 Galicia

06/11/19 | 17:27  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Galicia e Bulgaria intercambian experiencias sobre a xestión das emerxencias no CIAE 112 Galicia

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mantivo esta mañá no 112 Galicia un encontro con responsables do 112 Bulgaria

A delegación búlgara mostrouse interesada en coñecer as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para tender pontes entre ambos servizos