28/10/19 | 19:53 | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na xornada de escola de familias 'Ferramentas para educar en igualdade' organizada pola Asociación de Pais e Nais Picariños do CEIP Figueroa da Estrada
Esta asociación recibiu apoio do Goberno galego para poñer en marcha o proxecto 'Igualdade+Corresponsabilidade=Respecto' ao abeiro das axudas ás Anpas para a promoción de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero
24/10/19 | 13:28 | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, recalcou que o servizo é permanente durante todo o ano para as vítimas e os seus fillos e fillas menores
O servizo actívase de forma inmediata nos casos de urxencia e garante a presenza dun profesional da psicoloxía desde o momento posterior á agresión ou situación violenta
A iniciativa enmárcase nas medidas previstas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que establece a necesidade de habilitar un sistema para acompañar ás vítimas desta lacra na toma de decisións