Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 61 novas da área temática Administración pública  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
A Xunta remata as actuacións preliminares e o próximo luns comezaranse a incorporar os empregados públicos

15/05/20 | 16:56  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta remata as actuacións preliminares e o próximo luns comezaranse a incorporar os empregados públicos

Nesta primeira fase, incorporaranse os xefes de servizo ou postos asimilados e as persoas que non poden teletraballar, sempre que o seu posto cumpra coas garantías sanitarias

A partir do luns pasará a estar traballando de forma presencial algo máis do 50% dos traballadores da Administración autonómica

Durante esta semana, a Xunta estivo avaliando os postos de traballo e comezando a reorganizar ou establecer medidas de separación naqueles nos que foi necesario

Tamén se colocaron indicacións para sinalar os fluxos de circulación en escaleiras e edificios, así como recordatorios para manter as medidas de seguridade

O Protocolo de reincorporación dos empregados públicos foi ratificado por todos os sindicatos con representación na Mesa Xeral

A Xunta inicia hoxe as actuacións preliminares para a incorporación gradual do persoal empregado público

11/05/20 | 14:07  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta inicia hoxe as actuacións preliminares para a incorporación gradual do persoal empregado público

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe nunha visita a Pontevedresa Group que a volta ao traballo presencial terá como máxima prioridade garantir a saúde dos traballadores

O Protocolo de incorporación, que conta co apoio dos sindicatos, inclúe un total de tres fases

A primeira fase comezará previsiblemente o próximo luns 18 de maio, logo de ter rematadas as actuacións preliminares
 

A Xunta defende que a limitación de saídas por franxas horarias se decida en función do número de habitantes dos núcleos de poboación

05/05/20 | 17:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta defende que a limitación de saídas por franxas horarias se decida en función do número de habitantes dos núcleos de poboación

Así se trasladou hoxe no Centro de Coordinación Operativa (Cecop), no que participan Xunta, Delegación de Goberno e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

En base a esta proposta as persoas con liberdade horaria pasarían de ser o 15 por cento da poboación a algo máis do 47 por cento

Ante a disparidade de criterios entre o Goberno Central e a Xunta e entre diferentes comunidades, o Cecop trasladará unha consulta ao Ministerio de Sanidade

Dáse por retomada a pesca fluvial e pesca marítima recreativa en todas as súas modalidades por entenderse que está incluída nas actividades físicas ao aire libre

Acordouse a reanudación da admisión de alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos público

A Xunta poderá autorizar temporalmente os Equipos de Protección Individual para axilizar o acceso a material

Aprobouse levantar a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos a partir do vindeiro 11 de maio

Autorizouse un paquete de medidas para favorecer novas implantacións empresariais en Galicia
 

04/05/20 | 14:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta recibe da empresa Moonoff unha doazón de 100.000 mascarillas que chegarán aos concellos galegos a través da plataforma loxística Clonegal

Esta nova entrega de material aos concellos sumase ás máis de 1,5 millóns de unidades de protección que xa teñen recibidas e que no caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual

02/05/20 | 17:02  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta pide ao Goberno central que aclare se as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación

O Goberno autonómico ten recibido dúbidas de municipios galegos que non saben se os seus veciños están incluídos dentro das excepcións ou non

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixiuse ao delegado do Goberno para saber se o criterio é o seguido ata o de agora en Galicia ou o doutras comunidades
 

17/04/20 | 13:01  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Fondo de Cooperación Local da Xunta leva repartido no que vai de ano entre os concellos da comarca do Salnés case 1,3 millóns de euros para inxectarlles liquidez

Os 9 concellos desta comarca recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes

O Goberno galego inxecta así un total de 6 millóns de euros neste primeiro trimestre para os concellos do ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra

17/04/20 | 12:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Fondo de Cooperación Local da Xunta leva repartido no que vai de ano entre os concellos da provincia ourensá máis de 6,5 millóns de euros para facilitar a liquidez das facendas locais

Os 92 concellos ourensáns recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que se cifra en case 4,9 millóns de euros, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes

O concello da cidade, ao abeiro destas achegas, ingresou no que vai de ano máis de 770.000 euros
 

Feijóo destaca a creación dun fondo de continxencia para reorientar gasto corrente e reforzar o gasto sanitario e social como consecuencia do COVID-19

08/04/20 | 17:21  | A Presidencia da Xunta , Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. de Facenda

Feijóo destaca a creación dun fondo de continxencia para reorientar gasto corrente e reforzar o gasto sanitario e social como consecuencia do COVID-19

Destaca que se trata dun fondo dotado con 100 M€

Incide en que “todo o orzamento da Xunta prioritariamente está dedicado á emerxencia sanitaria e tamén á emerxencia económica que estamos vivindo”

Subliña a reactivación de máis de 500 obras do sector público autonómico
 

A Xunta e a Fegamp reforzan a súa coordinación para manter informados aos concellos sobre o seguimento do coronavirus

12/03/20 | 20:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta e a Fegamp reforzan a súa coordinación para manter informados aos concellos sobre o seguimento do coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron esta tarde unha reunión con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

O Goberno galego e a Fegamp manterán un diálogo fluído e canles de comunicación constantes para avaliar a situación

Alfonso Rueda destacou a importancia de informar e resolver as dúbidas dos concellos, en tanto que son a administración máis próxima á cidadanía, para contribuír a mellorar a eficacia das medidas que se adopten
 

11/03/20 | 17:06  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza , C. de Sanidade

Xunta e Fegamp reuniranse mañá para afondar na coordinación ante o contaxio de coronavirus e resolver dúbidas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, manterán un encontro co presidente da Fegamp, Alberto Varela