Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 31 novas da área temática Benestar  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do parque infantil do Souto no concello coruñés de O Pino

22/02/21 | 15:16  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do parque infantil do Souto no concello coruñés de O Pino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

O concello ten recibido axudas da Vicepresidencia nos últimos anos cun importe de máis de 300.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial

Luis López anima ao emprendemento no ámbito da conciliación rural coas axudas da Consellería de Política Social na súa visita á casa niño da Lama

22/02/21 | 13:43  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Luis López anima ao emprendemento no ámbito da conciliación rural coas axudas da Consellería de Política Social na súa visita á casa niño da Lama

A Xunta abre a sexta convocatoria para estas instalacións infantís con 1,6 M€ e unhas achegas de 15.000€ para obras do inmoble e equipamentos e 19.600€ anuais para o seu funcionamento, xa que son gratuítas para as familias

O delegado territorial sinala que a provincia conta con cinco casas niño e agarda que se incremente a oferta “para seguir ofrecendo servizos de calidade na área de conciliación, xa que forman aos cativos e permiten traballar aos pais e nais”

A casa niño da Lama, dirixida por María Canda, foi a primeira da provincia, xa que arrancou a súa actividade en 2017, e atende na actualidade a cinco cativos cun horario de 7.30 a 15.30 horas

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co novo presidente de APSOU (Asociación de Personas Sordas de Ourense)

12/02/21 | 13:32  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co novo presidente de APSOU (Asociación de Personas Sordas de Ourense)

Gabriel Alén agradeceulle a súa disposición de colaboración e axuda a prol da mellora da calidade de vida das persoas xordas

A Xunta incrementou máis de 40.400 horas anuais de SAF en 9 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte, nos que atenden a 765 persoas

11/02/21 | 11:51  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta incrementou máis de 40.400 horas anuais de SAF en 9 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte, nos que atenden a 765 persoas

Gonzalo Trenor participou nun encontro de traballo co alcalde da Laracha, José Manuel López

O delegado da Xunta destacou que o aumento de horas no Servizo de Axuda do Fogar está permitindo atender a todas as persoas que precisan deste recurso

Os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas viron aumentar o seu número de horas asignadas

A Xunta tramitou o pagamanento de 1,1 M€ entre os beneficiarios do bono social térmico e do eléctrico na comarca da Coruña

09/02/21 | 17:20  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta tramitou o pagamanento de 1,1 M€ entre os beneficiarios do bono social térmico e do eléctrico na comarca da Coruña

As axudas compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña e polo uso da electricidade

A Xunta incrementou máis de 390.000 horas anuais de SAF en 13 concellos da comarca da Coruña nos que atenden a 1.348 persoas

09/02/21 | 14:03  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta incrementou máis de 390.000 horas anuais de SAF en 13 concellos da comarca da Coruña nos que atenden a 1.348 persoas

Gonzalo Trenor participou nun encontro de traballo co alcalde de Curtis, Javier Caínzos

O delegado da Xunta destacou que o aumento de horas no Servizo de Axuda do Fogar está permitindo atender a todas as persoas que precisan deste recurso

Os concellos de A Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada Sobrado e Vilasantar viron aumentar o seu número de horas asignadas

30/01/21 | 12:21  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta reforza a axuda no fogar para persoas en situación de dependencia coa concesión de 463.000 horas anuais máis para 32 concellos da provincia de Pontevedra

A Consellería de Política Social cofinanciará este aumento, determinado de oficio polos servizos técnicos en base á lista de agarda existente nos municipios pontevedreses, cun investimento global de 4,5 millóns de euros

Os concellos de Ponteareas, Pontevedra e Vigo son os que se benefician das maiores achegas, que permitirán potenciar esta teleasistencia por riba do 50%

A Xunta incrementou máis de 104.000 horas anuais de SAF en 11 concellos da área de Santiago nos que atenden a 716 persoas

25/01/21 | 14:31  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta incrementou máis de 104.000 horas anuais de SAF en 11 concellos da área de Santiago nos que atenden a 716 persoas

Gonzalo Trenor realizou unha visita institucional ao Concello de Trazo

O delegado da Xunta destacou que o aumento de horas no Servizo de Axuda do Fogar está permitindo atender a todas as persoas que precisan deste recurso

Na área de Santiago incrementáronse horas en Ames, Dodro, Oroso, Padrón, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Toques, Trazo, Touro e Val Dubra

Fernández-Tapias cifra nunhas 1.500 as familias viguesas que se benefician da gratuidade das escolas infantís privadas e de iniciativa social para segundos fillos

23/01/21 | 12:28  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Fernández-Tapias cifra nunhas 1.500 as familias viguesas que se benefician da gratuidade das escolas infantís privadas e de iniciativa social para segundos fillos

Nunha visita á escola infantil Lúa a delegada territorial sinalou que a Xunta destina ao financiamento desta medida na cidade 4,6 millóns de euros neste 2021

Lamenta que as escolas municipais non poidan beneficiarse ao non estar o Concello ao día no pago ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Reclama ao alcalde que abandone a batalla polo cofinanciamento, cuxa legalidade quedou ratificada en varias sentenzas, e aboe as liquidacións que ten pendentes

A Xunta outorga 22.776 horas anuais máis de Axuda no Fogar para dependentes aos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia

21/01/21 | 12:01  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta outorga 22.776 horas anuais máis de Axuda no Fogar para dependentes aos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia

A Consellería de Política Social concede 8.664 horas máis á capital do Salnés, o que supón un alza do 15,2% e permitirá realizar 65.628 horas por exercicio

O Grove recibe un dos maiores incrementos da provincia, xa que contará co 18,5% máis de servizo, e Cambados rolda a incorporación de 5.000 horas por ano

A delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, informa desta concesión aos alcaldes e concelleiros de Servizos Sociais nunha reunión telemática