Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 47 novas da área temática Emprego  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :

26/02/21 | 10:49  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta destina en Lugo 158.000 euros aos axentes sociais para que impartan formación en prevención de riscos laborais

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que sete asociacións empresariais e sindicatos organizaron cursos e xornadas para mellorar a seguridade no traballo

A Xunta demanda ao Goberno central urxencia e concreción nas axudas á hostalería para garantir a supervivencia do sector

24/02/21 | 18:46  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Emprego e Igualdade

A Xunta demanda ao Goberno central urxencia e concreción nas axudas á hostalería para garantir a supervivencia do sector

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reclama que as actuacións anunciadas hoxe polo presidente do Goberno, un ano despois de comezar a pandemia, se traduzan en axudas directas, que é o que precisa o sector

Nunha comparecencia parlamentaria, Rueda advertiu de que a demora das achegas estatais “está a poñer en risco a todo o sector empresarial”

O segundo Plan de rescate recibiu cerca de 16.000 solicitudes desde o venres

A Xunta destaca a coordinación entre forzas de seguridade e a colaboración co sector no Plan de hostalería segura

24/02/21 | 15:06  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Sanidade , C. de Emprego e Igualdade

A Xunta destaca a coordinación entre forzas de seguridade e a colaboración co sector no Plan de hostalería segura

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, abordaron co delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Fegamp o plan para garantir o cumprimento das normas vixentes a través das policías locais en colaboración co resto de forzas e corpos de seguridade

Os axentes controlarán que os establecementos informan da capacidade máxima permitida e respectan ese límite, así como os horarios de apertura e peche e as medidas de prevención ante a covid-19

Rueda, Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, tamén se reuniron con representantes do sector aos que trasladaron como poderán descargar o cartel coa capacidade sanitaria permitida e o código QR para que os clientes poidan rexistrar o seu paso

Arias avanza que a Xunta culmina mañá a activación do segundo Plan de rescate convocando novas axudas para os sectores máis prexudicados

22/02/21 | 15:30  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Arias avanza que a Xunta culmina mañá a activación do segundo Plan de rescate convocando novas axudas para os sectores máis prexudicados

Este programa é compatible co de autónomos e microempresas, polo que a contía total a percibir pode elevarse ata os 15.700 euros

Xunto coa hostalería, terán acceso a esta achegas ximnasios, parques infantís ou feirantes, entre outros

1.420 hostaleiros lucenses obtiveron apoios ao abeiro do primeiro plan, cun orzamento global de preto de 4,3 millóns de euros

Pola súa banda, o Igape incrementa de 3 a 7 millóns de euros o crédito das axudas para adaptación de terrazas e empaquetado para o consumo en domicilio, que tramita tamén en réxime non competitivo
 

A Xunta informa ás asociacións da área de Vigo das axudas do II Plan de Rescate dirixidas a autónomos e microempresas

18/02/21 | 18:21  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta informa ás asociacións da área de Vigo das axudas do II Plan de Rescate dirixidas a autónomos e microempresas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o delegado en Pontevedra, Luis López, mantiveron hoxe un encontro telemático con preto dun centenar de colectivos aos que detallaron o contido e requisitos do novo plan

A orde de axudas específica para hostaleiros e outros negocios pechados -como ximnasios ou parques infantís- publicarase no DOG o próximo luns

A representante autonómica recordou que a Xunta inxectou ata o de agora máis de 4 millóns de euros en axudas directas á hostalería en Vigo; 6,6 millóns na área
 

A Xunta abordará mañá na Comisión Galega de Cooperación Local a colaboración coas policías locais para o cumprimento das medidas anticovid nos establecementos hostaleiros

18/02/21 | 16:42  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Emprego e Igualdade

A Xunta abordará mañá na Comisión Galega de Cooperación Local a colaboración coas policías locais para o cumprimento das medidas anticovid nos establecementos hostaleiros

Alfonso Rueda destaca que “máis alá do apoio económico, queremos que o sector teña un horizonte de estabilidade e seguridade”

Trenor traslada aos responsables de ATA Galicia as novidades do 2º Plan de Rescate que chegará a novos sectores e permitirá dedicar parte das axudas a abonar débedas tributarias

18/02/21 | 13:29  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Trenor traslada aos responsables de ATA Galicia as novidades do 2º Plan de Rescate que chegará a novos sectores e permitirá dedicar parte das axudas a abonar débedas tributarias

O delegado da Xunta mantivo unha reunión cos representantes da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA) para informarlle que hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas- do 2º Plan de Rescate

Con este novo plan a Xunta sumará 160 millóns de apoios aos sectores máis afectados polo coronavirus en apenas catro meses
 

A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os tres novos xulgados do Social na Coruña, Lugo e Vigo

17/02/21 | 09:55  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os tres novos xulgados do Social na Coruña, Lugo e Vigo

Cada un dos tres xulgados contará cun cadro de persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios, que concentran o 85% do custo da posta en funcionamento destes órganos xudiciais con máis de 722.000 euros

O Goberno galego investirá en total 850.000 euros no xulgado nº4 en Lugo, o nº7 da Coruña e o nº7 de Vigo, tanto en gastos de persoal como na dotación de mobiliario e material informático

Trenor traslada o compromiso da Xunta co futuro industrial de Ferrol e demanda maior implicación do Goberno central

09/02/21 | 13:02  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Trenor traslada o compromiso da Xunta co futuro industrial de Ferrol e demanda maior implicación do Goberno central

O delegado da Xunta e a directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais participaron nun encontro de traballo cos alcaldes, organizacións sindicais e empresarias de Ferrolterra e representantes do Goberno central

No encontro falouse sobre a situación de Navantia, Endesa e Siemens-Gamesa, entre outros asuntos

A Xunta comeza a tramitar o segundo Plan de rescate para autónomos e hostaleiros co obxectivo de que as axudas cheguen coa máxima urxencia

29/01/21 | 19:39  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Emprego e Igualdade

A Xunta comeza a tramitar o segundo Plan de rescate para autónomos e hostaleiros co obxectivo de que as axudas cheguen coa máxima urxencia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha nova xuntanza con representantes da Fegamp e das deputacións e co Clúster de Turismo

Os representantes do Goberno galego lamentan que os concellos e as deputacións non se unan ao Plan e lembran que patronal, sindicatos, autónomos, representantes doutros sectores afectados e boa parte dos concellos pediron que sexa a Xunta a que xestione as axudas, xa que a avala a eficacia demostrada co primeiro Plan

A Administración autonómica ampliou de 50M€ a 75M€ o presuposto do segundo Plan de rescate que, sumado ao primeiro, suma 160 millóns mobilizados en 90 días

O compromiso adquirido pola Xunta cos interlocutores sociais e colectivos afectados é o de axilizar o máximo posible estas axudas dado o seu carácter urxente, polo que o Goberno galego mantén a súa folla de ruta para activalas en febreiro