Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38 novas da área temática Exterior  da  Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :
O programa 'Iacobus' de mobilidade académica chegará este ano a 165 beneficiarios na Eurorrexión

18/01/20 | 11:27  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O programa 'Iacobus' de mobilidade académica chegará este ano a 165 beneficiarios na Eurorrexión

A iniciativa facilita estadías de persoal das universidades, institucións de ensino superior e centro tecnolóxicos en Galicia e o Norte de Portugal

Na segunda edición do ‘Iacobus Papers’ apoiaranse un total de 48 publicacións científicas

A Xunta centra a súa actividade no exterior do segundo semestre na cooperación con Portugal e na Unión Europea

26/12/19 | 12:14  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta centra a súa actividade no exterior do segundo semestre na cooperación con Portugal e na Unión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu no Parlamento para dar conta das viaxes oficiais ao exterior dos altos cargos da Administración galega

Adiantou que a Lei de acción exterior e de cooperación para o desenvolvemento comezará o seu trámite parlamentario en breve
 

A Fundación Galicia Europa centrará a súa acción en 2020 no futuro marco financeiro e na negociación da relación futura entre a UE e o Reino Unido tras o Brexit

23/12/19 | 14:36  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Fundación Galicia Europa centrará a súa acción en 2020 no futuro marco financeiro e na negociación da relación futura entre a UE e o Reino Unido tras o Brexit

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na segunda reunión do ano do padroado da Fundación Galicia Europa na súa oficina en Santiago de Compostela

Gamallo subliñou que a FGE realizará en 2020 un seguimento activo dos asuntos prioritarios da Unión Europea con máis incidencia en Galicia como o futuro marco financeiro plurianual 2021-2027, o futuro Pacto Verde Europeo, o Brexit ou a transición demográfica, entre outros

Ademais, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) intensificará en 2020 a súa participación coa FGE con vistas a reforzar o seguimento das políticas e proxectos europeos de I+D+i baixo unha perspectiva galega

A Xunta e o Goberno portugués reúnense para poñer en común os avances da Eurorrexión ante o futuro marco financeiro da UE

19/12/19 | 20:48  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta e o Goberno portugués reúnense para poñer en común os avances da Eurorrexión ante o futuro marco financeiro da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director do Igape, Juan Cividanes, reuníronse hoxe coa secretaria de Estado de Valorização do Interior, Isabel Ferreira

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal captou un total de 131 millóns entre 2014-2020 para 80 proxectos

A Xunta defende a importancia da participación dos entes rexionais e locais da UE na vindeira Conferencia sobre o futuro de Europa

09/12/19 | 16:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta defende a importancia da participación dos entes rexionais e locais da UE na vindeira Conferencia sobre o futuro de Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu á última reunión da Comisión CIVEX no mandato 2015-2020

Durante a sesión tamén se abordaron o papel dos entes locais e rexionais da UE no diálogo permanente cos cidadáns, e a forma máis adecuada de poñer en práctica a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE desde unha perspectiva rexional e local

A Xunta reivindica o papel do Comité Europeo das Rexións no acto de celebración do seu 25º aniversario

05/12/19 | 17:54  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reivindica o papel do Comité Europeo das Rexións no acto de celebración do seu 25º aniversario

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, debateu cos demais membros do CdR a Declaración sobre os 25 anos de vida da asemblea de rexións e municipios europeos na última sesión plenaria deste mandato.

Os presidentes do Comité Europeo das Rexións e do Parlamento Europeo foron os encargados de abrir o 137º pleno cun debate sobre o Estado da UE

Tamén se expuxo unha resolución das rexións e cidades europeas sobre o futuro Pacto Verde Europeo e unha declaración conxunta da delegación española no CdR sobre os aranceis aplicados por EE.UU. aos produtos agroalimentarios de orixe español

A Xunta ofrece ás universidades da Crusoe impulsar encontros na UE ante o novo marco orzamentario europeo

29/11/19 | 15:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta ofrece ás universidades da Crusoe impulsar encontros na UE ante o novo marco orzamentario europeo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe rolda de prensa no marco do Comité Executivo da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste de Europa (Crusoe)

Apostou tamén por potenciar a Resoe e redefinir os seus grupos de traballo en consonancia coas novas prioridades europeas
 

O orzamento do Plan Anual da Cooperación Galega para 2020 supera os 6,6 millóns de euros e incrementase en máis dun millón de euros

25/11/19 | 14:52  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O orzamento do Plan Anual da Cooperación Galega para 2020 supera os 6,6 millóns de euros e incrementase en máis dun millón de euros

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe no pleno do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), no que se aprobou por unanimidade o Plan Anual de Cooperación para o ano 2020

O Congacode, ao igual que o Consello de Acción Exterior de Galicia , deu o seu visto bo ao anteproxecto de lei de acción exterior e cooperación de Galicia

Na reunión tamén se fixo balance do plan de 2019 que foi executado ao 100% e que contou cunha aportación de 500.000 ao abeiro dos fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero para levar a cabo oito proxectos de atención a persoas refuxiadas nesta materia

O Consello de Acción Exterior informa favorablemente do anteproxecto de Lei de acción exterior de Galicia

25/11/19 | 14:12  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O Consello de Acción Exterior informa favorablemente do anteproxecto de Lei de acción exterior de Galicia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo hoxe na xuntanza os detalles e novidades deste anteproxecto

O texto legal aspira a configurar un marco con vocación de permanencia para a acción exterior e contribuír á realización dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas

O anteproxecto de Lei estase elaborando coas máximas garantías de transparencia e participación

A Xunta presentou as conclusións da 9ª Conferencia Europea sobre o principio de Subsidiariedade celebrada hoxe en Roma

22/11/19 | 17:26  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta presentou as conclusións da 9ª Conferencia Europea sobre o principio de Subsidiariedade celebrada hoxe en Roma

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na sede do senado italiano en Roma na 9ª Conferencia Europea sobre Subsidiariedade

O representante galego fixo fincapé na necesidade de mellorar os mecanismos para a aplicación práctica deste principio recollido no Tratado da UE