Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3 novas da área temática Facenda  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :

23/11/20 | 16:07  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Fernández-Tapias sinala que o investimento de máis de 143M€ da Xunta en Vigo responde ás necesidades reais da cidade

Un exemplo da implicación do Executivo autonómico coa cidade”, dixo a delegada territorial en Vigo, con grandes e novos proxectos polos que aposta decididamente

A representante galega detallou hoxe as contas autonómicas na cidade, con 61 millóns de euros reservados para investimentos en materia de Política Social

En materia sanitaria puxo de relevo os máis de 13 millóns que se destinan a novas infraestruturas, melloras sanitarias e equipamentos médicos nos hospitais

Destaca o investimento de 7,6 millóns para a ampliación do Ifevi; os máis de 20 millóns para o impulso definitivo da ETEA; os 12,5 millóns destinados á vivenda; os 9,4 da Cidade da Xustiza; ou os 10,5 millóns reservados para a Estación Intermodal

A Xunta amplía o prazo para usar o bono turístico ata maio de 2021 e renovará a iniciativa o próximo ano

21/11/20 | 15:37  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta amplía o prazo para usar o bono turístico ata maio de 2021 e renovará a iniciativa o próximo ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe esta ampliación en Pontevedra, xunto co Clúster Turismo de Galicia, co que colabora nesta iniciativa

Os beneficiarios deste programa, posto en marcha en xullo, xa superan os 18.000 inscritos, máis do 90% do total previsto

A Xunta destinará nos orzamentos de 2021 un total de 6 millóns de euros para este produto e estuda ampliar os colectivos beneficiarios

Os orzamentos da Xunta en materia de turismo para o próximo ano aumentarán en 40 millóns de euros, un 52% máis que este ano, para promover o Xacobeo a apoiar ao sector

A Xunta defenderá na Comisión Bilateral co Estado a legalidade  das cuestións relativas ao imposto de sucesións e á Lei do solo

14/08/20 | 14:57  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta defenderá na Comisión Bilateral co Estado a legalidade das cuestións relativas ao imposto de sucesións e á Lei do solo

Lembra que a redución fiscal do imposto sobre sucesións e doazóns para as empresas que teñan o seu centro principal na comunidade autónoma é un requisito que xa se esixe desde 2002 e que existe en 8 comunidades autónomas

Ademais, a modificación da Lei do solo non é tampouco ningunha novidade e, en calquera caso, prevalece sempre a normativa básica estatal en materia de costas

A convocatoria da comisión bilateral é un procedemento habitual para resolver cuestións entre administracións e discrepancias técnicas