Asegura que en Galicia, a diferenza doutras comunidades, “fixéronse ben as cousas” porque se actuou “coa antelación suficiente”
Destaca que a primeira fase do plan de racionalización da administración paralela “xa está executada”, e está a permitir un aforro de máis de 20 millóns de euros anuais grazas á redución que se fixo de moitos organismos e entes institucionais dependentes da Administración
Apunta que a Xunta está a traballar na segunda fase deste plan e que xa están identificados os órganos sobre os que se vai actuar
Defende a necesidade de “seguir racionalizando” e “axeitando a estrutura da Administración ás circunstancias actuais”, o que non significa prestar un peor servizo; senón, “mellor pensado, racionalizado e gastando menos”