Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 30 novas da área temática Infraestruturas  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
A Xunta renovou a sinalización horizontal nos 800 metros da travesía de Navia de Suarna na estrada LU-722

28/11/20 | 12:40  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta renovou a sinalización horizontal nos 800 metros da travesía de Navia de Suarna na estrada LU-722

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que esta actuación enlaza co tramo recentemente reformado de máis de catro quilómetros á saída da capitalidade municipal

A Xunta destina máis de 66.000€ á mellora do pavimento nas rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro

24/11/20 | 13:33  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta destina máis de 66.000€ á mellora do pavimento nas rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña

A Xunta apoia a 80 aloxamentos e establecementos de restauración da comunidade á renovación e modernización das súas instalacións

24/11/20 | 10:25  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta apoia a 80 aloxamentos e establecementos de restauración da comunidade á renovación e modernización das súas instalacións

O DOG publica hoxe a resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 1,5M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios

O obxectivo é contribuír á reforma ou mantemento das instalacións para ofrecer un servizo competitivo e de calidade

Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

21/11/20 | 13:27  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

Estas actuacións, contaron cun orzamento de case 50.000 euros, e tiveron un prazo de execución dun mes

Neste tramo da estrada levouse a cabo o fresado e a extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente

A intervención completa a renovación das beirarrúas e a rede de pluviais acometidas neste treito, cun orzamento de case 250.000 euros
 

A Xunta traslada ao Concello de Moaña os avances na tramitación que permitirán executar o vindeiro ano a eliminación do treito de concentración de accidentes en Domaio

19/11/20 | 16:28  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta traslada ao Concello de Moaña os avances na tramitación que permitirán executar o vindeiro ano a eliminación do treito de concentración de accidentes en Domaio

A Consellería de Infraestruturas convocou o 17 de decembro o acto expropiatorio para a mellora de seguridade na estrada PO-551 ao seu paso por esta parroquia

Prevese a licitación desta intervención entre finais deste ano e principios do próximo exercicio, cun investimento autonómico de 580.000 euros

A Xunta tamén está a supervisar o proxecto de eliminación doutro tramo de concentración de accidentes en Tirán para aprobalo e comezar as expropiacións

O Goberno galego acometerá o mantemento dos taludes na estrada PO-551, no marco do contrato de inspección de muros e taludes que se vai pór en marcha

A Xunta segue traballando a prol da seguridade viaria e da mobilidade nesta comarca, obxectivos reforzados coa autovía do Morrazo, cun investimento de 55 M€

Respecto ao centro de saúde, a delegada territorial lembroulle á alcaldesa que, para avanzar neste proxecto, é necesaria a cesión dos terreos no que se asentará

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de Nogueira de Ramuín

19/11/20 | 13:50  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de Nogueira de Ramuín

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

O investimento do Goberno galego no municipio sitúase arredor dos 1,3 M€ nos últimos anos e inclúe proxectos conxuntos con outros concellos para optimizar recursos

Alfonso Rueda destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local e entre os propios municipios, con iniciativas comúns que redunden na mellora da calidade de vida dos veciños
 

Bóveda renovou o sistema de iluminación do pavillón municipal co apoio da Xunta

19/11/20 | 13:27  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Bóveda renovou o sistema de iluminación do pavillón municipal co apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias comprobaron o resultado das actuacións financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

Tamén se mellorou a instalación de calefacción da casa consistorial para lograr unha maior eficiencia enerxética

A Xunta mellora as comunicacións do parque empresarial de Outeiro de Rei cunha achega de 112.300 euros

18/11/20 | 11:12  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta mellora as comunicacións do parque empresarial de Outeiro de Rei cunha achega de 112.300 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se construíron beirarrúas e ampliouse a plataforma das vías para mellorar a seguridade dos peóns e a operatividade do tráfico pesado

A Xunta dota de abastecemento a seis núcleos de poboación de Paradela, logo dun investimento de 355.000 euros

17/11/20 | 14:29  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta dota de abastecemento a seis núcleos de poboación de Paradela, logo dun investimento de 355.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, formalizou hoxe a entrega ao concello da nova infraestrutura, que inclúe a rede de distribución e a estación de tratamento da auga