Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 41 novas da área temática Sanidade  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
Trenor traslada ao alcalde de Valdoviño unha proposta para a mellora integral do centro de saúde

08/04/21 | 13:30  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Sanidade

Trenor traslada ao alcalde de Valdoviño unha proposta para a mellora integral do centro de saúde

O proxecto sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

A Xunta de Galicia tamén colaborará para financiar as obras de mellora no centro de saúde de Monfero que contan cun orzamento de máis de 32.000 euros
 

O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira cun investimento de 102.000€

07/04/21 | 16:56  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira cun investimento de 102.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, o xerente da área sanitaria, Javier Puente, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, supervisan estas actuacións, que acondicionaron os accesos, a confortabilidade e os servizos dos puntos médicos

O centro da capital municipal dotouse dun ascensor para favorecer o emprego do primeiro andar, mentres que o de Maceira renovou o seu pintado, carpintarías, iluminación e climatización e incorporou un aseo adaptado

O representante autonómico revela que a Xunta xa construíu ou renovou 83 centros de saúde na última década, dos que máis dunha decena son do sur da provincia, e prepara novas actuacións no Porriño, Moaña e Vigo

O Sergas remata a reforma integral e ampliación de espazos e servizos do centro de saúde de Mondariz-Balneario cun investimento de 115.000€

24/03/21 | 17:57  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

O Sergas remata a reforma integral e ampliación de espazos e servizos do centro de saúde de Mondariz-Balneario cun investimento de 115.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o alcalde José Antonio Lorenzo, supervisan a actuación, que permitiu gañar case un 50% da superficie de atención sanitaria

Procedeuse á adaptación da antiga dependencia de Correos e de dous locais libres para contar cunha consulta médica de maiores dimensións, almacén de medicinas, vestiario e máis aseos

O representante autonómico lembra que a Xunta xa construiu ou renovou 80 centros de saúde dende o ano 2009 e engadirá case 40 actuacións máis destas características nesta lexislatura

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras de acceso ao hospital vigués do Meixoeiro, que incorpora un novo viario no recinto

24/03/21 | 15:17  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras de acceso ao hospital vigués do Meixoeiro, que incorpora un novo viario no recinto

A delegada territorial da Xunta remarca que con esta intervención favorécese a mobilidade dos pacientes e do persoal sanitario que se achegan a este centro

Recorda que o Goberno galego vén de mellorar os accesos do Nicolás Peña, dúas actuacións que en conxunto suman unha inversión de 700.000 euros

A Xunta avanza detalles do terceiro Plan de Rescate aos hostaleiros e pide ao Goberno central axilidade e criterios obxectivos no reparto das axudas

23/03/21 | 15:41  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta avanza detalles do terceiro Plan de Rescate aos hostaleiros e pide ao Goberno central axilidade e criterios obxectivos no reparto das axudas

O vicepresidente primeiro calcula que a Galicia lle corresponden arredor de 300 millóns tendo en conta o peso das pequenas empresas na comunidade

Lorenzana afirma que a Xunta xa abonou axudas do 2º Plan de Rescate por valor de 9,7 millóns de euros e que está a adiantarse no deseño do 3º Plan para o que pide ao Estado maior simplificación burocrática e reparto xusto de cartos a Galicia

Nunha reunión con representantes do sector, barallouse a posibilidade de seguir avanzando na desescalada da hostalería despois da Semana Santa

A Xunta dá comezo á obra de mellora do centro de saúde de Bertamiráns nas que a Xunta inviste máis de 300.000 €

18/03/21 | 13:03  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo , C. de Sanidade

A Xunta dá comezo á obra de mellora do centro de saúde de Bertamiráns nas que a Xunta inviste máis de 300.000 €

O centro de saúde da servizo a 15.571 pacientes, as obras mellorarán a eficiencia enerxética do edificio e ofrecerá máis comodidade aos usuarios

Gonzalo Trenor lembrou que os orzamentos de 2021, no referido ás partidas económicas do Programa de Atención Primaria a Xunta, contemplan un incremento do 108%, pasando de 26 a 55 millóns de euros
 

A Xunta remata as obras de renovación da fachada e da cuberta do centro de saúde de Ortigueira que contaron cun investimento de máis de 277.000 euros

11/03/21 | 15:29  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta remata as obras de renovación da fachada e da cuberta do centro de saúde de Ortigueira que contaron cun investimento de máis de 277.000 euros

O delegado territorial visitou o edificio e recalcou que que nos orzamentos de 2021, no referido ás partidas económicas do Programa de Atención Primaria a Xunta contempla un incremento do 108%, pasando de 26 a 55 millóns de euros

Trenor enxalza o esforzo de entidades como AFACO na prevención e na loita contra o alzheimer

09/03/21 | 17:12  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Trenor enxalza o esforzo de entidades como AFACO na prevención e na loita contra o alzheimer

A Xunta remata un novo lote de melloras e distribución de espazos no centro de saúde de Baltar coa impermeabilización da cuberta

09/03/21 | 15:32  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta remata un novo lote de melloras e distribución de espazos no centro de saúde de Baltar coa impermeabilización da cuberta

O delegado territorial, Luis López, visita esta actuación, realizada con recursos propios da área sanitaria, co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o xerente José Ramón Gómez

Antes do arranxo das filtracións, acometeuse a creación de estancias para pernoctacións dos servizos de urxencias, a remodelación da zona da matrona, a reforma das salas de extracións e a ampliación de pediatría

“Trátase de mellorar de xeito continuado a confortabilidade e a funcionalidade dun punto médico de gran importancia para que os usuarios estean nas mellores condicións e que ademais ten moitos pacientes no verán”, sinala Luis López

A Xunta acorda coa hostalería unha desescalada segura, gradual e baseada na mellora da situación sanitaria en Galicia

09/03/21 | 14:30  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta acorda coa hostalería unha desescalada segura, gradual e baseada na mellora da situación sanitaria en Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron unha reunión cos representantes dos hostaleiros para coñecer as súas prioridades perante a mellora da situación sanitaria

As axudas do segundo plan de rescate, das que xa se recibiron máis de 37.000 peticións, comezarán a pagarse neste mes de marzo

Malia o incremento dos controis, as denuncias baixaron nos últimas días, o que demostra o esforzo do sector e o bo comportamento dos seus clientes