28/12/20 | 11:22 | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo
Trenor informou que desde mañá 29 de decembro e ata o xoves 31 de decembro iluminaranse o faro de Fisterra, o santuario da Virxe da Barca, 3 edificios en Santiago e a Torre do Reloxo da Catedral
A iniciativa incluíu a iluminación de 14 edificios emblemáticos en concellos da provincia da Coruña polos que pasa o Camiño de Santiago en tres fases
A iluminación na provincia levouse a cabo desde o 22 ao 31 de decembro co acendido dos edificios máis singulares de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela