Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 20 novas da área temática Xustiza  da  Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo :
A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

23/09/20 | 13:35  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura

Alfonso Rueda fixo especial fincapé no turismo como un dos sectores clave para a recuperación económica, de maneira que se buscará e se potenciará proxectos que se prolonguen no tempo e sexan mais sustentables, fortalecendo ademais a marca Galicia

Indicou que agora mais que nunca é sumamente importante o diálogo e manter unhas axeitadas relacións institucionais, tanto co Goberno central como na UE. Neste sentido, destacou a urxencia de retomar a normalidade no formato da Conferencia de Presidentes

No eido das emerxencias, resaltou a necesidade de seguir avanzando na creación dos novos GES, coa comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades e co cambio do modelo de xestión dos parques comarcais de bombeiros, así como co seguimento do Plan de Loita contra a Velutina

18/09/20 | 16:03  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen tres incendios forestais nos concellos de Toén, Maceda e Santiago

No que vai de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 48 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

16/09/20 | 14:11  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta destaca as melloras aplicadas na Administración da Xustiza para adaptala á situación derivada da covid-19

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou hoxe que máis de 780 xuíces, fiscais e letrados da Administración de Xustiza, 64 forenses e preto de 500 funcionarios puideron teletraballar durante o estado de alarma

Neste período asináronse máis de 300.000 sentenzas e resolucións de forma telemática, grazas a que o 90% dos xulgados teñen habilitada a sinatura dixital

Os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir a completa seguridade en todos os xuízos previstos

02/09/20 | 12:19  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

Os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir a completa seguridade en todos os xuízos previstos

Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico

As obras da Cidade da Xustiza avanzan coa escavación no aparcadoiro, os traballos no edificio anexo e as instalacións interiores

30/08/20 | 13:14  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

As obras da Cidade da Xustiza avanzan coa escavación no aparcadoiro, os traballos no edificio anexo e as instalacións interiores

A escavación dun túnel no aparcadoiro durante este verán requiriu do uso dunha minipala, polas reducidas dimensións do espazo e supuxo picar máis de 800 metros cúbicos de material

Durante este verán, tamén se executou a nova cimentación e continúase traballando nas fachadas que non están rematadas

En xuño comenzáronse a reconstruír as estruturas coñecidas como “haches” e trabállase nas instalacións interiores das plantas da torre

A Xunta mantén a previsión de que os principais traballos estarán rematados a finais de ano, e agárdase que o resto finalizará no primeiro trimestre de 2021

A Xunta destinou no primeiro semestre máis de 4,5 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica gratuíta

28/08/20 | 12:27  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta destinou no primeiro semestre máis de 4,5 millóns de euros para financiar a asistencia xurídica gratuíta

Nos seis primeiros meses do ano atendéronse máis de 22.500 asuntos

O Goberno galego adiantou o pago do primeiro trimestre deste ano aos profesionais do servizo ante as dificultades causadas pola covid-19 e compensou aos procuradores pola baixa actividade xudicial debido á pandemia

A Asistencia Xurídica Gratuíta está considerada pola Xunta como un servizo fundamental para garantir o acceso á xustiza de tódolos cidadáns en igualdade de condicións

25/08/20 | 08:55  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta pon en marcha o protocolo anti covid nos xulgados de Pontevedra tras detectarse dous casos positivos

A Dirección Xeral de Xustiza deu traslado da situación á autoridade sanitaria para a posta en marcha dos PCRs necesarios e á empresa adxudicataria do servizos de limpeza para a desinfección das zonas de traballo e uso común

A Xunta achega os primeiros 80 millóns da liña de préstamos para que autónomos e pemes conten coa liquidez necesaria para facer fronte ás consecuencias provocadas pola emerxencia sanitaria

23/07/20 | 16:06  | A Presidencia da Xunta , Vicepresidencia segunda e C. de Economía, Empresa e Innovación , Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta achega os primeiros 80 millóns da liña de préstamos para que autónomos e pemes conten coa liquidez necesaria para facer fronte ás consecuencias provocadas pola emerxencia sanitaria

Feijóo precisa que sete de cada dez corresponden a microempresas, superando os 40 millóns de euros

Por outra banda, salienta un investimento de preto dun millón de euros para reforzar a Administración de Xustiza ante a crise sanitaria, tras a redución da actividade xudicial durante o estado da alarma
 

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

21/07/20 | 14:04  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, do Fiscal Xefe provincial, da Xuíza Decana en funcións, da Secretaria Provincial Coordinadora, e do director xeral de Xustiza, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense

Alfonso Rueda explicou que, para optimizar os espazos xudiciais, os 4 xulgados do Social estarán no edificio da rúa Armando Durán

A sede da Audiencia Provincial acollerá o xulgado de menores que será ubicado na última planta ao carón do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria, onde será acondicionado un espazo cun orzamento de 75.000 euros

03/07/20 | 13:14  | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo

A Xunta compensa aos procuradores da quenda de oficio pola paralización da actividade debido á crise sanitaria da covid-19

A contía que xa recibiu o Consello Galego dos Procuradores enmárcase no convenio asinado co Goberno galego para contribuír ao funcionamento da Asistencia Xurídica Gratuíta por parte destes profesionais