Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O seguimento da folga do 8-M na Administración autonómica está a ser dun 11,27%

En Educación chega ao 9,55%, en Sanidade un 10,14% e na Administración de Xustiza un 18%

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019.- O seguimento da folga convocada con motivo do Día Internacional da Muller está a ser dun 11,27% no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus entes adscritos. En canto aos ámbitos sectoriais, o seguimento da folga é do 9,55% en Educación; do 10,14% en Sanidade, e do 18% na Administración de Xustiza.

Por delegacións territoriais, o seguimento da folga foi do 6,92% na da Coruña; do 5,21% na de Lugo; do 6,23% na de Ourense; e do 13,17% no ámbito das delegacións territoriais de Pontevedra e Vigo.