Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Máis de 200 persoas asisten na EGAP a un curso sobre o patrimonio cultural e a súa relación coa sustentabilidade e o turismo

A Escola Galega de Administración Pública iniciou hoxe unha actividade que profundará na lexislación relativa á protección do patrimonio cultural e á rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas

  • Máis de 200 persoas asisten na EGAP a un curso sobre o patrimonio cultural e a súa relación coa sustentabilidade e o turismo
  • Máis de 200 persoas asisten na EGAP a un curso sobre o patrimonio cultural e a súa relación coa sustentabilidade e o turismo
  • Máis de 200 persoas asisten na EGAP a un curso sobre o patrimonio cultural e a súa relación coa sustentabilidade e o turismo

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019.- Máis de 200 persoas asistiron hoxe ao curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Esta actividade, que se estenderá entre hoxe e mañá, ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, con especial referencia ao planeamento urbanístico e á sustentabilidade. De igual maneira, o curso adianta as modificacións que traerá consigo a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en tramitación parlamentaria.

Entre os temas tratados no curso destacan a análise do Camiño de Santiago como elemento vertebrador do patrimonio cultural e do turismo, a protección legal e xurisprudencial do patrimonio cultural, o estudo da lingua e a toponimia como patrimonio inmaterial ou a relación entre patrimonio e turismo.