Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta mantén o seu compromiso cas necesidades das asociacións de veciños apoiando a súa renovación

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha reunión con representantes da asociación veciñal de San Miguel de Oia

O goberno galego destinará máis de 17 mil euros para a reforma e actualización dunha organización que atende as necesidades de máis de 4.000 habitantes
 

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da asociación veciñal de San Miguel de Oia, a cal atende as necesidades dunha veciñanza de máis de 4.000 habitantes. A Xunta de Galicia destinará máis de 17 mil euros para acometer unha serie de obras tanto na sede do local social como na actualización dos equipos informáticos cos que conta a organización.

Marta Fernández-Tapias volveu mostrar o firme compromiso do goberno galego cun dos piares fundamentais cos que conta a sociedade galega: as asociacións veciñais, que desenrolan actividades e ofrecen oportunidades o conxunto da poboación. Neste caso, a asociación veciñal, socio-cultural e deportiva de San Miguel de Oia, que oferta máis de 30 actividades, e que poderá mellorar a sede do local social que viña de mostrar unha serie de carencias estruturais. Veranse beneficiados os veciños que utilicen as diferentes estancias do local que conta con auditorio, ximnasio, biblioteca, seis salas de formación, tres oficinas, e que serve como sede da Comunidade de Montes, da banda de música e coral, ca súa escola de música y sala de ensaio.

Por outra banda, a directora xeral de Administración Local, destacou a importancia da renovación dos equipos informáticos, tanto para as oficinas como para a aula informática con máis de 20 alumnos repartidos en varios quendas.