Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta investirá 549.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca do Barbanza

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia este tipo de traballos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo

Porto do Son (A Coruña), 31 de maio de 2019.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañados polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, informaron hoxe da resolución das ordes de axudas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo, que repartirán máis de 549.000 euros en 9 concellos da comarca do Barbanza. En total, 68 municipios da provincia da Coruña recibirán máis de 2,9M€ con cargo a estas dúas ordes de subvencións.

No caso concreto de Porto do Son, contará con máis de 80.000 euros para levar a cabo a mellora da rede de abastecemento de auga potable con novas tuberías de adución e distribución con chegada á ETAP. Este investimento únese aos máis de 81.000 euros que se investiron tamén, o ano pasado, ao abeiro destas axudas, na mellora da tubería de aducción entre a captación de Valientes e a ETAP de Porto do Son.

Estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio.

Entre as actuacións máis importantes destacan os máis de 200.000 euros que recibirá Mazaricos para limpeza de estradas, a colocación dun punto de auga, a recuperación da mina Parxubeira e para a colocación de colectores de residuos e a adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets para a mancomunidade de concellos da comarca Serra do Barbanza cun investimento de máis de 70.000 euros.

O investimento total repártese entre Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Serra de Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira tendo en conta criterios obxectivos por ter no seu territorio municipal un parque eólico ou por estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

BARBANZA

 

ENTIDADE LOCAL
OUTROS CONCELLOS
(SOLICITUDE CONXUNTA)
Proxecto
TOTAL FCA
Boiro
 

Creación de ecopuntos de recollida selectiva de residuos nas novas áreas recreativas do concello

3.231,07 €
Carnota
 

Fondo de compensación Ambiental 2019

60.935,31 €
Lousame
 

Bombeo de saneamiento en Figueroá

18.466,05 €

Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza

 

Adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets

70.200,00 €
Mazaricos
 

Actuacións de roza e limpeza en estradas, pistas e camiños rurais. Punto de auga municipal en Xián. Recuperación ambiental da mina de Parxubeira. Subministración para aula da natureza no Pino do Val. Colectores para a recollida residuos

200.245,17 €
Outes
 

Programa de protección ambiental 2019

36.932,10 €
Pobra do Caramiñal, A
 

Fondo Compensación Ambiental 2019

64.104,61 €
Porto do Son
 

Mellora da rede de abastecemento de auga potable: Tuberías de adución e distribución á ETAP

80.460,94 €
Rianxo
 

Adquisición dun vehículo destinado a labores de protección do medio ambiente no espazo natural

7.386,42 €
Ribeira
 

Instalación da liña de saneamento de Ameixida

7.569,32 €
TOTAL
549.530,99 €