Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta reúnese con ADEAC para avaliar as necesidades e buscar solucións en materia de socorrismo

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse esta mañá co vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), José Palacios, para analizar as necesidades actuais en materia de socorrismo e traballar en buscar solucións.

Este encontro inscríbese na serie de reunións que está a manter a Xunta cos actores implicados. Esta mesma mañá o director xeral reuniuse coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez. Recentemente, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro de traballo co presidente da Fegamp, Alfredo Rodríguez, para tratar este mesmo asunto.