Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Os concellos da área territorial de Vigo recibiron do Goberno galego ao abeiro do Fondo de Cooperación Local 12,6 M€

O Fondo de Cooperación Local é un dos compromisos do Goberno galego co municipalismo, que ademais suma a este programa outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías

A cidade de Vigo percibiu o maior investimento con preto de 6,2 millóns, contía que recibe ano tras ano do Goberno galego

Vigo, 2 de agosto de 2019.- A área territorial de de Vigo recibiu do Fondo de Cooperación Local 12,6 millóns de euros. Un Fondo vixente na nosa comunidade hai anos, sendo un dos compromisos do Goberno galego co municipalismo, que ademais suma a este programa outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías. Este ano a contía global do Fondo incrementouse nun 3%, acadando un total de 128,7 millóns de euros para todos os concellos galegos, o que supón preto de 283.000 euros máis para repartir entre os concellos da demarcación territorial viguesa.

A Xunta de Galicia distribuíu no 2018 entre os 14 municipios que integran a área máis de 12,6 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para obras e servizos da súa competencia. Unha cantidade á que hai que sumar outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación .

Así, a cidade de Vigo, no grupo de concellos de máis de 50.000 habitantes, é a que percibe a maior contía con preto de 6,2 millóns por exercicio. No Morrazo, Cangas e Moaña reciben 745.483 euros e 544.163 respectivamente; e no Val Miñor, corresponden 446.120 a Gondomar, 568.456 a Nigrán e 419.913 euros a Baiona. En A Louriña, Mos e O Porriño perciben 452.072 e 516.667 euros; mentres Redondela recibe 811.982 euros; Pazos de Borbén 160.529; Salceda de Caselas 316.982; Soutomaior 241.119 euros e Salvaterra do Miño 409.482 euros.

Galicia foi unha comunidade pioneira no establecemento dun instrumento de financiamento estable das entidades locais, O Fondo de Cooperación Local, regulado anualmente a través das Leis de orzamentos da nosa Comunidade, establece un modelo de participación estable das entidades locais nos tributos autonómicos, que constitúe unha verdadeira garantía de mínimos, o fondo base.