Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O 061 de Galicia asistiu a 79 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 74 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 12 de agosto de 2019.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 28 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 74 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
25
Lugo
10
Ourense
4
Pontevedra
17
Galicia
56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dous ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.