Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta investirá máis de 730.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca do Barbanza

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia este tipo de traballos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo e á orde de Infraestruturas

Carnota (A Coruña), 4 de setembro de 2019.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro informou da resolución das ordes de Axudas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo e de Infraestruturas que repartirán máis de 737.975 euros en 10 concellos da comarca do Barbanza. En total, 74 municipios da provincia da Coruña recibirán máis de 3,7 millóns de euros con cargo a estas ordes de subvencións.

O delegado territorial visitou, esta mañá, o concello de Carnota no que a Xunta investirá máis de 60.000 euros con cargo a este fondos. Grazas a esta achega levarase a cabo a adquisición de 78 soportes para contedores de lixo e 95 novas luminarias. Ademais, o municipio conta cunha brigada para levar a cabo actuacións de mantemento e mellora medioambiental.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Entre as actuacións importantes da comarca destacan tamén os máis de 200.000 euros que recibirá Mazaricos para a limpeza de estradas, a colocación dun punto de auga, a recuperación da mina Parxubeira e para a colocación de colectores de residuos e a adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets.

O investimento total repártese entre Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Serra de Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Noia, Ribeira e entre a Mancomunidade de Serra do Barbanza, tendo en conta criterios obxectivos por ter no seu territorio municipal un parque eólico ou por estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

 
FONDO DE COMPENSACIÓN COMPETITIVO Y NO COMPETITIVO

 

ENTIDADE LOCAL
OUTROS CONCELLOS
(SOLICITUDE CONXUNTA)
Proxecto
TOTAL FCA
Boiro
 

Creación de ecopuntos de recollida selectiva de residuos nas novas áreas recreativas do concello

3.231,07 €
Carnota
 
Fondo de compensación Ambiental 2019
60.935,31 €
Lousame
 
Bombeo de saneamiento en Figueroá
18.466,05 €
Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza
 

Adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets

70.200,00 €
Mazaricos
 

Actuacións de roza e limpeza en estradas, pistas e camiños rurais. Punto de auga municipal en Xián. Recuperación ambiental da mina de Parxubeira. Subministración para aula da natureza no Pino do Val. Colectores para a recollida residuos

200.245,17 €
Outes
 
Programa de protección ambiental 2019
36.932,10 €
Pobra do Caramiñal, A
 
Fondo Compensación Ambiental 2019
64.104,61 €
Porto do Son
 

Mellora da rede de abastecemento de auga potable: Tuberías de adución e distribución á ETAP

80.460,94 €
Rianxo
 

Adquisición dun vehículo destinado a labores de protección do medio ambiente no espazo natural

7.386,42 €
Ribeira
 
Instalación da liña de saneamento de Ameixida
7.569,32 €
TOTAL
549.530,99 €


INFRAESTRUCTURAS

 

 

SUBVENCIÓNS INFRAESTRUTURAS, DOTACIÓNS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS PARA SERVIZOS MUNICIPAIS 2019

BARBANZA
 

ENTIDADE
SOLICITANTE

PROXECTO
SUBVENCIÓN

Boiro

Mellora de instalación deportiva municipal polideportivo de Barraña

       35.154,61 €

Lousame

Mellora do camiño municipal de enlace de DP-4201 a DP-1105

       28.000,00 €

Noia

Dotación de iluminación e mobiliario edificio do concello de Noia

       27.928,08 €

Outes

Pavimentación camiños en Mirás (Outes)

       35.000,00 €

Pobra do Caramiñal, A

Reforma interior das dependencias da policía local e a brigada de limpeza viaria e xardinería

       23.990,91 €

Ribeira

Renovación da cuberta do polideportivo de Sirves (Olveira)

       38.371,95 €

TOTAL
 
188.445,55 €