Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta investirá máis de 767.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia este tipo de traballos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo

Vimianzo (A Coruña), 5 de setembro 2019.- O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro,visitou esta mañá Vimianzo para informar da resolución das ordes de Axudas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo e de Infraestruturas que repartirán máis de 767.961 euros en 14 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte. En total, 74 municipios da provincia da Coruña recibirán máis de 3,7 millóns de euros con cargo a estas ordes de subvencións.

No caso concreto de Vimianzo, contará cunha partida máis de 121.000 euros para levar a cabo a posta en marcha dunha rede de saneamento de Vilaseco na parroquia de Castrelo que incluiría a construción dunha planta depuradora; a renovación de máis de 120 luminarias do alumeado público exterior do municipio e para a posta en marcha dun punto limpo e servizo de recollida de lixo que contemplaría tamén a adquisición de colectores e unha campaña de sensibilización.

Outra das obras máis importantes que se realizará na comarca con cargo a estes fondos será a 2ª fase da mellora do acceso peonil á Fervenza do Río Xallas no Ézaro que contará cunha achega da Xunta de máis de 148.000 euros.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

O resto do investimento repártense entre Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas tendo en conta criterios obxectivos por ter no seu territorio municipal un parque eólico ou por estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

FONDO DE COMPENSACIÓN COMPETITIVO Y NO COMPETITIVO

 

ENTIDADE LOCAL

OUTROS CONCELLOS
SOLICITUDES CONXUNTAS

Proxecto
TOTAL FCA
 
 
Cabana de Bergantiños
 

Reforma e ampliación da rede de luz pública Para a mellora do aforro enerxético e redución
da contaminación lumínica

28.010,00 €
 
Camariñas
 

Renovación da iluminación do Polideportivo de Areal

22.361,82 €
 
Camariñas
 

Colla ambiental. Corrección de enerxía reactiva en 3 subministracións municipais e renovación da rede de luz pública no paseo de Camelle

60.671,00 €
 
Cerceda
 

Renovación e mellora da eficiencia enerxética da rede de luz pública da rúa Castelao

4.462,14 €
 
Corcubión
 

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública da Oliveira

12.373,29 €
 
Coristanco
 

Adquisición de dous camións con caixa e volquete para traballos ambientais

53.113,16 €
 
Dumbría
Mazaricos

Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado nos concellos de Mazaricos e Dumbría 2019

25.721,30 €
 
Dumbría
 

Mellora do acceso peonil á Fervenza do Río Xallas no Ézaro. Fase 2

148.448,00 €
 
Fisterra
 

Mantemento de estacións depuradoras de augas residuais e rede de colectores municipais

9.902,49 €
 
Laracha, A
 

Adquisición de ancoraxes para os colectores de recollida separada da fracción orgániza de residuos

3.231,07 €
 
Malpica de Bergantiños
 

Fondo de Compensación Ambiental 2019

10.617,49 €
 
Ponteceso
 

Proxecto de mellora e posta en valor ambiental dos espazos públicos naturais

103.998,48 €
 
Vimianzo
 

Investimentos e servizos para o medio ambiente

121.381,37 €
 
Zas
 

Mellora da eficiencia enerxética e seguridade en cadros de mando e protección da luz pública. Retirada e xestión de lodos e pozos de bombeo e depuradoras de augas residuais

45.099,29 €
 
TOTAL
649.390,90 €
 


INFRAESTRUTURAS

 

 

SUBVENCIÓNS INFRAESTRUTURAS, DOTACIÓNS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS PARA SERVIZOS MUNICIPAIS 2019

CARBALLO -COSTA DA MORTE
 

ENTIDADE
SOLICITANTE

PROXECTO
SUBVENCIÓN

Cabana de Bergantiños

Adecuación de parque infantil na localidade de Neaño

       31.516,45 €

Cee

Adquisición copiadora dixital, escáneres individuais e PCs sobremesa 2019

       11.760,00 €

Laracha, A

Pista polideportiva descuberta en Agra de Leborís

       40.000,00 €

Laxe

Mellora das infraestruturas municipais

       13.537,72 €

Malpica de Bergantiños

Pavimentación de camiños municipais: camiño de Ceán a Algadán e camiño en Seaia

       21.757,16 €

TOTAL

 

     118.571,33 €