Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Díaz Mouteira reúnese co alcalde de A Teixeira para estudar futuros proxectos en colaboración coa Xunta

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas da provincia que a delegada territorial da Xunta en Ourense está a manter desde a constitución das novas corporacións locais

Marisol Díaz bríndalle toda a colaboración e diálogo para para poder axilizar e desenvolver con éxito os asuntos municipais

Este municipio recibiu dos distintos departamentos autonómicos achegas que suman preto de 600.000 euros durante o período o 2015-2019

Ourense, 9 de setembro de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de A Teixeira, Miguel Cid Álvarez. Díaz Mouteira continúa así coa rolda de contactos cos rexedores da provincia, iniciada en xuño logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar futuras actuacións.

Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de preto de 600.000 euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao concello da Teixeira máis de 330.000 euros en materia de subvencións; case 100.000 euros en convenios; e mais de 150.000 euros pertencentes a outras actuacións.

A representante do Goberno galego recordou que Administración autonómica desenvolveu ou puxo en marcha, durante estes pasados anos, proxectos neste concello como a mellora de infraestruturas turísticas, coa creación dunha ruta etnográfica, cultural e medicinal, ou a posta en valor de sendeiros; mellora da eficiencia enerxética do alumeado público; concesión dunha Casa do Maior, mellora de camiños municipais, rehabilitación de firme na estrada OU-903 ao seu paso polo concello, así como distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a Miguel Cid todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos municipais que beneficien á veciñanza de A Teixeira.